O
21 de xuño de 2012, o Tribunal de Xustiza Europeo ditou unha
sentenza pola que establece que as vacacións quedaran
interrompidas se o interesado causase baixa por
enfermidade, mantendo o dereito a gozar o resto do tempo
con posterioridade.
Como
Consecuencia modificouse o Estatuto dos Traballadores Artigo 38.3,
Terceiro paragrafo quedando do seguinte xeito:
"No
suposto de que o período de vacacións coincida cunha
incapacidade...que imposibilite o traballador gozalas, total ou
parcialmente, durante o ano natural ao que corresponden, o
traballador poderá facelo unha vez finalizada a súa incapacidade e
sempre que non teñan transcorrido mais de dezaoito meses a partir do
remate do ano no que orixinaranse"
O
anterior anula o reflectido no Convenio e Acordo.
Isto
quere dicir que se algún traballdor/a tivese problemas de saúde
durante o período vacacional, susceptibles de xerar baixa medica,
eses días non os perdería e tería que gozalos con posterioridade.
Modo
de actuación:
· Se
algún traballador/a se atopara nesta situación, debera solicitarlle
ao medico o parte de baixa inicial e facelo chegar o departamento de
persoal para dar constancia do feito.
· Co
resto de partes de baixa (en caso de seguir a enfermidade) ou co
parte de alta (no caso de curación) debe facelo mesmo.
Finalmente
cabe lembrar que se por causa medica non se puideran gozar
as vacacións no ano natural, poderá facelo no ano seguinte.
Diante
calquera dúbida ponte en contacto co teu delegado da CIG
Información tirada de www.cigcorreosgaliza.blogspot.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario