O
estudo realizado polos profesores Astrid M. Richardsen e Stig Berge
Matthiesen en BI Norwegian Business School, mide catro factores clave
de estrés: as presións de tempo e carga de traballo, a tensión
emocional, o conflito de roles no traballo (conflito de rol entre as
esixencias da alta dirección e dos empregados) e o conflito de roles
entre o traballo e a vida privada.
Máis
de seis de cada directivos (61,8 por cento) indican que a miúdo ou
todo o tempo senten unha gran presión temporal ou teñen un gran
volume de traballo. Menos do cinco por cento din que raramente ou
nunca teñen presión temporal.
Os
directivos que senten que teñen o control da súa situación de
traballo e unha gran liberdade para tomar decisións, experimentan
menos presión de traballo e tensión emocional, e sofren moito menos
estrés que os directivos que non teñen ese control. Os factores que
máis contribúen á carga de traballo e ao estrés laboral dos
xerentes son o grao de imprevisibilidade na empresa e a cantidade de
cambios que se realizaron no curso do ano pasado.
Debe
destacarse que os directivos experimentan significativamente menos
estrés cando senten que teñen unha boa relación cos seus
empregados, e os empregados mostran unha conduta positiva e confían
nos seus xefes. "O mellor que un xerente pode facer para previr
o estrés no traballo, é o desenvolvemento de boas relacións cos
empregados no traballo" recomenda Astrid M. Richardsen.
Cando
os empregados están contentos co directivo, entenden os seus retos e
participan activamente na solución dos problemas, o directivo terá
menos estrés, probablemente porque o directivo confía nos
empregados e cada vez lles delega máis tarefas. De aí que a presión
de traballo diminuirá, cre Richardsen.
Os
directivos que sofren estrés relacionado co traballo, co tempo poden
desenvolver reaccións individuais como a frustración, irritación e
anoxo, menor auto-confianza e depresión. Esta á súa vez podería
conducir a menor concentración, diminución da motivación e
satisfacción no traballo, e un menor esforzo no traballo, coa
conseguinte diminución do rendemento.
Fonte:
Sciencenordic
Ningún comentario:
Publicar un comentario