Psicosocial
Un
acordo entre os grandes sindicatos e dúas patronais do sector de
asesoría técnica, inxeñería, servizos informáticos, recursos
humanos e consultoría permitiu modificar a lexislación co fin de
tentar poñer fin ás xornadas interminables dos traballadores/as
deste sector. Así, segundo esta nova normativa, os traballadores/as
non terán que respostar correos de traballo logo das seis da tarde,
hora de remate da xornada laboral.
A
chegada dos smartphones ao entorno laboral supuxo un cambio positivo
en moitos aspectos, pero tamén permitiu que traballadores/as estén
sempre "localizables" así como a "intromisión"
da vida laboral na vida privada, algo que as autoridades francesas
queren evitar con esta medida.
Así,
a lexislación prohibe contestar cando o correo chega despois do fin
da xornada laboral. Esta normativa tenta resolver un uso indebido das
novas tecnoloxías co fin de asegurar os tempos de descanso mínimos
que marca a lexislación francesa; os traballadores deberán apagar o
móbil e o computador do traballo durante once horas e, polo tanto,
terán o dereito de ignorar os correos electrónicos de traballo que
se envíen fora da xornada laboral; as empresas terán a obriga de
asegurar o cumprimento desta medida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario