SENTENZA
O
Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco (TSJPV) recoñeceu como
accidente de traballo o período de baixa que o traballador dunha
empresa subcontratada por Cegasa padeceu durante case dous anos. A
mutua terase que facer cargo da súa prestación.
O traballador desempeñaba a súa tarefa na empresa Indesa, subcontratada por Cegasa, en Gasteiz, manipulando caixas cargadas de pilas, cos conseguintes sobreesforzos e posturas forzadas.
O
empregado sufriu un primeiro período de baixa que foi recoñecido
como accidente de traballo por Mutualia entre o 8 e o 26 de novembro
de 2013, á que acudiu tras notar unha dor intensa na man, que foi
diagnosticada como tenosinovite de man e boneca.
O
28 de xaneiro de 2014 o traballador, que non estaba recuperado,
empezou un novo período de baixa esta vez en Osakidetza. A mutua non
recoñeceu esa nova baixa como accidente de traballo alegando que non
existía feito traumático en si. O Instituto Nacional da Seguridade
Social tamén considerou que este novo período de baixa, era
continxencia común tras as dúas reclamacións que presentou o
traballador.
O
TSJPV establece que é accidente de traballo por recaída ao
concorrer os requisitos de non transcorrer seis meses dende o final
do anterior proceso de baixa e tratarse de igual ou similar
patoloxía. Por todo iso, Mutualia terá que facerse cargo do pago da
prestación de baixa do traballador.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org.
Ningún comentario:
Publicar un comentario