Concentráronse
na Praza do Obradoiro para exixir o cumprimento dos acordos
colectivos
Traballadoras e traballadores do concello de Santiago concentráronse esta mañá diante do Pazo de Raxoi, na praza do Obradoiro, para demandar o cumprimento dos acordos colectivos. En concreto piden que se reestruture o crédito da partida de produtividade do orzamento para crear unha partida específica para atender a carreira profesional e que se estableza o prazo máximo de 31 de decembro para aprobar o regulamento de carreira profesional e avaliación de desempeño.
En
representación do persoal municipal, Xavier Picón explicou, na
rolda de prensa na que se anunciou o inicio das mobilizacións, que o
dereito das persoas empregadas públicas á carreira profesional nace
coa aprobación do Estatuto Básico do Empregado Público, en xullo
do ano 2007.
Lembrou
que en febreiro do ano 2010 se aprobaron no concello os acordos
colectivos que recollen a aplicación deste dereito ao persoal
municipal, establecendo un réxime transitorio de carreira a
desenvolver nos anos 2010, 2011 e 2012.
Porén,
denunciou que en abril do 2011 se lles denegou por primeira vez a
aplicación do réxime transitorio de carreira ao persoal que o
solicitou, co argumento de non ter desenvolvido un regulamento da
carreira. Unha demanda que foi rexeitada de novo en setembro do 2014
polo mesmo motivo.
Picón
recordou ademais que no orzamento para o 2015 o goberno municipal do
PP aprobou unha partida económica para atender a carreira
profesional, que se mantén dende aquela nos orzamentos.
Lei
de Emprego Público de Galiza
O
representante do persoal subliñou que en abril do 2015, coincidindo
co inicio do mandato de Compostela Aberta neste concello, o
Parlamento galego aprobou a lei de emprego público de Galiza, que
“despexa calquera dúbida que puidera haber en relación co réxime
de carreira e avaliación do desempeño, remitindo novamente ao
desenvolvemento regulamentario de cada administración pública”.
Esa
foi ademais, unha das primeiras cuestións que o persoal puxo enriba
da mesa de negociación ao novo goberno en setembro do 2015: a
necesidade de desbloquear a aplicación da carreira mediante a
aprobación do regulamento.
Xavier
Picón sinalou, xunto a isto, que en varias ocasións o alcalde de
Santiago, Martiño Noriega, manifestou a súa máxima disposición a
dar cumprimento aos acordos colectivos, tanto durante a campaña
electoral, como en diversas reunións da mesa de negociación cando
era presidente.
Porén,
denunciou que durante estes tres anos nin sequera se convocou a
comisión prevista nos convenios colectivos para desenvolver o
regulamento correspondente.
Proposta
de Regulamento
Ante
a “inactividade” do goberno nesta materia, no pasado ano 2017 os
sindicatos maioritarios do concello fixeron un intento de paliar os
prexuízos causados pola paralización do réxime de carreira ao
persoal afectado mediante unha paga de produtividade, “intento que
foi rexeitado polo pleno da corporación”.
Mesmo
presentaron, segundo explicou Picón, alegacións ao orzamento de
2018 para que se fixara un prazo para a aprobación do regulamento en
febreiro de 2018. Alegacións que tamén foron rexeitadas polo
goberno de Compostela Aberta.
En
maio pasado presentaron unha proposta de regulamento ao goberno, da
que a día de hoxe “non se nos deu nin contestación”. En todo
caso lembrou que nunha xuntanza co alcalde, o pasado 1 de outubro,
púxose como pretexto que contaban co apoio técnico da USC e que
“como non o tiveron non poden facer nada”.
Diante
disto, Xavier Picón subliña que “non se está a pedir un
incremento das partidas do orzamento que supoñan un custo para a
cidadanía. Simplemente estamos a pedir que se utilicen as contías
que xa forman parte da masa salarial para atender este compromiso dos
acordos colectivos”.
Tomadura
de pelo
Nese
sentido asegurou que outras administracións locais xa aprobaron o
Regulamento da Carreira Profesional hai uns anos e xa a están a
aplicar de acordo co que di a Lei, polo que “non hai moito que
inventar nesta materia”, afirmou.
Por
iso considerou que “digan agora, despois de tres anos de goberno
que non se desenvolve a carreira profesional porque foron
incapaces de ter aprobado un regulamento parece unha tomadura de pelo
ao persoal municipal”. Unha actitude por parte de Noriega que
cualificou de “mareante” e que, advertiu, “irremediablemente
nos aboca a un conflito que sempre tratamos de evitar”.
A
falta de desenvolvemento regulamentario, ás portas da aprobación do
orzamento do 2018 e próximas as eleccións municipais de maio de
2019, remite ao persoal ao ano 2020 para poder arrancar coa
consolidación dos novos graos de carreira do persoal.
Por
iso exixen que se reestruture o crédito da partida de produtividade
do orzamento para crear unha partida específica para atender a
carreira profesional, e que se estableza o prazo máximo de 31 de
decembro para aprobar o regulamento de carreira profesional e
avaliación do desempeño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario