Cinco anos despois daquel anuncio do goberno local segundo ía contratar unha empresa para a elaboración da Relación de Postos de Traballo e dúas empresas despois, o Concello de Betanzos segue sen Relación de Postos de Traballo actualizada. No caso da primeira das empresas, Galivalia, contratada para tal finalidade foron 21 000 euros os cartos gastados polo Concello, no caso da segunda delas, Quorum económico son 36 300 euros para un contrato que finaliza o vindeiro mes de maio. Ata o momento, e a seis meses da finalización do contrato as negociacións seguen paralizadas, e o total do que prevé gastar o Concello de Betanzos en seis anos de asistencia en recursos humanos para a elaboración do documento son 57300 euros.
Así mesmo, o calendario incluído no prego de contratación está claramente atrasado, posto que segundo a planificación inicial a Relación de Postos de Traballo estaría aprobada en novembro de 2017. Hai que lembrar que era este:
1ª Fase: decembro de 2016 – maio de 2017.
-Deseño e elaboración do borrador inicial de RPT e do Organigrama municipal.
-Fase de información e consultas cos respresentantes dos traballadores.
-Elaboración do borrador provisional de RPT e do Organigrama municipal.
2ª Fase: xuño de 2017 – novembro de 2017.
-Negociación colectiva da RPT e do Organigrama cos representantes sindicais
-Elaboración da RPT e do Organigrama definitivos (consensuados)
-Aprobación dos documentos e entrada en vigor.
3ª Fase: decembro de 2017 – maio de 2018.
-Deseno e elaboración do borrador inicial de Plan de ordenación de RRHH.
-Fase de información e consultas cos respresentantes dos traballadores.
-Elaboración do borrador provisional de Plan de ordenación de RRHH.
-Asistencia na execución da RPT e Organigrama aprobados:
- Aprobación da OEP 2018.
-1ª Convocatoria de prazas (en propiedade, interina, libres, promoción interna)
4ª Fase: xuño de 2018 – novembro de 2018.
-Negociación colectiva do Plan de ordenación de RRHH cos representantes sindicais.
-Elaboración do Plan de ordenación de RRHH definitivo (consensuado)
-Aprobación e entrada en vigor.
-Asistencia na execución da RPT, do Organigrama e do Plan de Ordenación de RRHH
aprobados:
- 2ª Convocatoria de prazas (en propiedade, interina, libres, promoción interna)
-Execución medidas específicas (I) propostas no Plan de ordenación.
5ª Fase: decembro de 2018- maio de 2019.
-Asistencia na execución da RPT, do Organigrama e do Plan de Ordenación de RRHH
aprobados:-Aprobación da OEP 2019,
-3ª Convocatoria de prazas (en propiedade, interina, libres, promoción interna)
-Execución medidas específicas (II) propostas no Plan de ordenación.
Esta situación de parálise na valoración dos postos e no camiño da equiparación de salarios prexudica gravemente ao persoal laboral. Non
hai que esquecer, que, con carácter xeral, as diferenzas
entre os complementos específicos e os complementos de destino do
persoal laboral e do funcionariado seguen sendo moi notables, mesmo
logo da sinatura do Convenio colectivo no ano 2015, onde as
porcentaxes de diferenza salarial por grupos, tendo en conta os
salarios máis baixos de cada un dos grupos do persoal laboral e do
funcionariado en postos con xornada completa son as seguintes (os datos económicos son tirados dapáxina web do Concello):
FUNCIONARIO
|
LABORAL
|
DIFERENZA APROXIMADA
|
A1
|
I
|
-27%
|
A2
|
II
|
-30%
|
C1
|
III
|
-24%
|
C2
|
IV
|
-18%
|
AP
|
V
|
-24%
|
En
termos de retribucións isto tradúcese en que o persoal laboral
cobra, de media, uns seis mil euros menos ao ano que o funcionariado,
en moitos casos mesmo en postos con similares ou idénticas funcións.
As diferenzas varían entre os grupos, mais en todos os casos, tanto
comparando os salarios máis altos e os máis baixos de cada grupo de
persoal funcionario e laboral nos casos de xornada completa as
diferenzas van desde os catro mil euros aos vinte e sete mil euros anuais, sempre
en negativo para os traballadores laborais.
Precisamente
o máis grave da negociación que o goberno municipal iniciou para
unha nova RPT no ano 2017 foi que o documento proposto polo goberno
do PSOE incidía na discriminación retributiva entre laborais e
funcionarios e non na valoración en igualdade de condicións do
complemento de destino e específico, independentemente da relación
laboral ou funcionarial.
Non
obstante, e a pesar disto, o goberno municipal está a tempo de demostrar que o
comprometido coa sinatura do Convenio colectivo no ano 2015 co Comité
de Empresa, xusto antes das eleccións locais non era unha simple promesa electoral, e que o inicio do camiño da equiparación salarial entre o funcionariado e o persoal laboral, cuxo primeiro paso era ese novo convenio, tal e como se falaba nas propias comisións negociadoras, non era máis que un dos pasos necesarios para eliminar as discriminacións en función da relación laboral ou funcionarial do Concello de Betanzos. Catro anos despois daquela sinatura o persoal laboral segue cobrando, de media, un 25% menos de salario que o funcionariado e o goberno municipal non deu paso ningún para solucionar esta situación, e o peor, é que no único momento que a puido solucionar, durante a negociación da RPT, avogou por defender criterios que afondasen na discriminación existente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario