13/12/18

Solicitada unha nova reunión co concelleiro de Persoal

A representante do Comité de Empresa solicitou unha nova reunión co concelleiro de Persoal, para tratar os seguintes temas:

1. Falta de persoal en servizos varios e previsións de contratación.
2. Acordos da Comisión Paritaria pendentes de cumprimento e outros.
3. Prazos de implantación definitiva do sistema de control de presenza no traballo.
4. Convocatoria de axudas sociais 2018.
5. Problemas coa tramitación das horas extraordinarias.
6. Indeminizacións por asistencia a tribunais pendentes de pagamento.

Ademais, tal e como se tratará na reunión do Comité de Empresa que terá lugar mañá, e no caso de que o goberno non lle dea unha solución inmediata á paralización da tramitación dos acordos da Comisión Paritiaria do Convenio Colectivo, proporá no Comité de Empresa a adoptación dun acordo con medidas encamiñadas a solucionar este conflito que leva vixente un ano e medio, practicamente desde a entrada en vigor do propio Convenio colectivo, momento en que o Concello o interpretou de xeito unilateral e se nega a facer efectivos os acordos aos que chega cos representantes dos persoal laboral.

Ningún comentario:

Publicar un comentario