A profesora de
estudos de Economía e Empresa e experta en RRHH da universidade
online UOC, Eva Rimbau Gilabert, concretou cales son eses factores
estresantes que afectan de maneira distinta aos profesionais en
función do seu sexo. No caso das mulleres, un deses elementos é o
dobre rol que teñen que xogar no fogar e no traballo, moi vinculado
aos roles de xénero da sociedade e á influencia das expectativas
sociais.
Outro factor de tensión é a
discriminación por xénero reflectida en salarios inferiores por
igualdade de responsabilidades, o muro da maternidade e o teito de
cristal (barreira invisible que impide ás mulleres acceder ás
posicións máis altas da xerarquía organizativa).
Ademais, as mulleres que están soas en
contornas laborais ocupadas unicamente por homes (profesións
específicas ou altos niveis directivos) poden converterse en
“exemplos simbólicos” (en inglés, tokenism) e sufrir
estereotipos e discriminación, poden sentirse soas e ser excluídas
das redes informais que apoian aos homes.
Así mesmo, Rimbau engade á
lista de elementos estresantes o risco de acoso sexual e de
comportamentos sociais sexuais que non son acoso (flirteo, chistes ou
comentarios sexuais) pero que tamén xeran tensión e malestar.
No caso dos homes, os elementos da
contorna laboral que apunta Rimbau que poden causar tensión
son, por exemplo, as longas xornadas laborais e as viaxes de
traballo, que lles quitan tempo para desenvolver a relación cos seus
fillos.
Tamén a presión para cumprir os
valores da “ masculinidad corporativa”; é dicir, espérase que
os homes sexan competitivos, obxectivos, dispostos á confrontación,
lóxicos e orientados ás tarefas. Pídeselles tamén que consideren
o traballo como o rol máis importante da vida e aléntase a adicción
ao traballo. Todo iso xéralles unha excesiva preocupación por
alcanzar estes valores, o que lles comporta un gran risco para a
saúde.
A experta da UOC constata que
poucas empresas teñen programas para reducir a tensión que teñan
en conta o xénero, e propón algunhas medidas que poderían levar a
cabo.
En canto ás mulleres, Rimbau
propón crear programas para eliminar a brecha de xénero nas
retribucións, realizar auditorías para garantir que as mulleres non
estean en desvantaxe en canto a oportunidades de formación e
desenvolvemento ou poñer en marcha acciones de mentoría
(mentoring) para ofrecer apoio social.
En relación cos homes, Rimbau
suxire deseñar intervencións orientadas a diminuír a tensión do
rol, axudándolles a explorar o seu propio desenvolvemento emocional,
ou pensar medidas para axudarlles a descubrir as limitacións da “
masculinidad corporativa” e a desenvolver un enfoque máis
equilibrado da vida.
Facilitar a conciliación entre vida
laboral e familiar tamén sería unha actuación que apoiaría esta
revisión dos roles masculinos, e, por tanto, reduciría a tensión
dos homes, asegura Rimbau.
Fonte: RRHH press
Ningún comentario:
Publicar un comentario