Dende
a CIG sinalan que hai máis de 70 empregados/as doutros servizos nas
mesmas condicións
Dous
traballadores subrogados polo Concello de Verín da antiga empresa
adxudicataria da depuradora de augas municipal veñen de obter dúas
sentenzas favorábeis dos Xulgados do Social número 1 e 2 de Ourense
que lles recoñecen o dereito a percibir o complemento salarial de
antigüidade, computando os anos de servizo prestados antes da
subrogación.
Dende
a CIG-Verín sinalan que a Concellaría de Persoal “suma e segue na
súa actuación de aparentar, ficar ben e non gastar nada; primeiro
decide a subrogación dos traballadores, cuestión coa que estamos de
acordo, mais, unha vez subrogados, incumpre todas as normas derivadas
destes procesos”.
En
concreto, denuncian que non se negociaron as subrogacións coas
centrais sindicais do Concello, cuestión que é preceptiva segundo o
disposto no artigo 44 do ET. Ademais, con esta decisión crea dúas
clases de traballadores/as, incompatíbeis co principio de igualdade:
os do Concello e os subrogados/as.
Unha
vez establecida a discriminación, imponlles aos traballadores/as
subrogados/as unhas condicións de traballo inferiores ás que teñen
recoñecidas os empregados/as do Concello “para abaratar o seu
custe”. Xa que, por exemplo, non lles recoñecen nin a mesma
antigüidade nin o mesmo soldo que teñen os traballadores/as
municipais.
Agora
os Xulgados do Social de Ourense veñen de condenar o Concello de
Verín a pagar a antigüidade aos traballadores/as subrogados/as,
establecida nos convenios colectivos de orixe, dado que o Concello
non negociou coas centrais sindicais do ente local a integración
destes/as traballadores/as no convenio do Concello de Verín.
A
punta do iceberg
“Saíulles
o tiro pola culata, xa que pretendían privar os subrogados/as do
complemento de antigüidade previsto no convenio non negociando coas
centrais sindicais, e agora son condenados, por non negociar, a pagar
a antigüidade polos convenios de orixe”.
Dende
a CIG-Verín sosteñen que “isto é só a punta do iceberg”,
porque hai máis de 70 traballadores/as subrogados/as dos servizos de
axuda no fogar e recollida do lixo que está nas mesmas condicións.
“Alguén neste Concello tería que deixar de vender fume e poñerse
a planificar e dignificar as relacións laborais”, rematan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario