O
goberno de María Barral leva ao pleno de febreiro de 2020 a primeira
Relación de Postos de Traballo que elimina como estruturais o 81%
das prazas do persoal laboral do Concello de Betanzos e discrimina
salarialmente o restante 19% das incluídas fronte
ás prazas ocupadas polo funcionariado cunha valoración moi superior
que repercute directamente na ampliación da fenda salarial que
existe historicamente entre o persoal laboral e o funcionariado.
A
CIG do Concello de Betanzos considera gravísima a situación tendo
en conta que unha RPT inclúe os postos estruturais dunha
Administración, é dicir, os que se consideran necesarios para o
funcionamento desta. Con
esta decisión da CSIF e o goberno do PSOE o Concello de Betanzos
considera que non son necesarias para o seu funcionamento 68 prazas
que na actualidade son ocupadas polo persoal laboral distribuídas
por todos os departamentos municipais e algunhas ocupadas durante
máis de trinta anos. Esta
decisión é inquietante porque amortiza as prazas do persoal laboral
e considera que non teñen carácter estrutural para o funcionamento
desta Administración local, se a isto lle unimos que non é a
primeira vez que algún concelleiro lle explica ao persoal de
servizos a facilidade coa que estes se poden privatizar, externalizar
e subrrogar ao persoal, o escenario é, cando menos, preocupante.
A
maiores de todo isto o goberno municipal negouse a incluír as
sentenzas de indefinición firmes que actualidade teñen algúns
traballadores laborais, demostrando un desprezo absoluto polas
obrigas derivadas das sentenzas xudiciais e polos seus propios
compromisos, xa que foi o propio concelleiro de Persoal, Diego
Fernández, o que
instou aos
traballadores a denunciar ao Concello se querían que o seu posto
formase parte da RPT para agora ignorar as sentenzas firmes e nin
sequera incluílas no documento que pretende someter á aprobación
plenaria.
A
CIG considera que con esta decisión o Concello de Betanzos
e a CSIF descargan no
persoal laboral en fraude de lei as consecuencias da nefasta xestión
de persoal dos últimos trinta anos e castigan aos
traballadores e traballadoras que aturaron a temporalidade e os
salarios precarios durante máis de tres décadas a unha precariedade
aínda maior e afondan na fenda salarial entre o funcionariado e o
persoal laboral. A maiores,
o PSOE incumpre o seu compromiso co
persoal laboral de que o Convenio colectivo era o primeiro paso para
unha xusta equiparación salarial que
se realizaría nos seguintes anos e que, á vista da RPT,
era unha absoluta mentira do goberno municipal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario