Moito falar de preocuparse das persoas en
situación de desemprego neste País e resulta
que a Xunta organiza o dispositivo de desenvolvemento da
xornada electoral do 21 de outubro maioritariamente con
empregadas e empregados públicos cando tiña a
posibilidade de darlle algo de traballo a calquera das
oficialmente 260.000 persoas galegas en
desemprego.
É
curioso que para traballar, a fin de contas, prefiren
ás empregadas e empregados públicos, pero
para organizar mellor contratan unha empresa amiga. A
empresa INDRA, adxudicataria de multitude de contratos e
encomendas de xestión coa Xunta, é a que se
encarga de seleccionar ao persoal. O traballo consiste en
acudir dúas xornadas, a primeira consiste nun
simulacro e a segunda é a propia xornada electoral. O
persoal que vai traballar no complexo administrativo de San
Caetano, cobrará entre os 200 e os 400
€.
En
principio só queren empregados e empregadas
públicas (para que despois falen mal) pero moita
xente botouse atrás no último momento, xa que
había que facer un contrato laboral a través
dunha Empresa de traballo temporal, e tiveron que tirar das
listas do paro. Do tema da compatibilidade xa se encargaba
INDRA de falar directamente con Función
Pública e “se hai que rachar co contrato, faise
e listo”, iso foi o que nos dixeron. Hai diversas
categorías, telefonista, correo, persoal colaborador
nas mesas electorais, etc. En función disto é
polo que se cobra.
Porque
non todos cobran esa pasta. O persoal colaborador das
xuntas electorais provinciais e de zona
gañarán 90 euros ou como moito 100 euros que
lle pode ofrecer algún concello que é quen os
contrata. O seu chollo consiste en visitar catro veces ao
día unha mesa electoral e transmitirlle a Compostela
os datos de participación e algunha posible
incidencia que se dese ao longo da xornada.
Naturalmente,
a formación do persoal elixido corre a cargo da
"empresa seleccionadora" e inclúe unha
xornada previa (un sábado de 08:45 a 14:30 h.) na
que se realiza un simulacro xeral. No anuncio de INDRA
informan de que o persoal colaborador seleccionado
recibirá unha compensación económica
polas tarefas de colaboración efectivamente
realizadas, pero non din nada de que hai que facer un
contrato laboral con xente que xa ten un posto de traballo
e que lle pode traer algún problema de
incompatibilidade.
Dende
a CIG esiximos publicamente que esa selección se
faga entre as persoas en situación de desemprego,
entre xente sen recursos, isto non sería
novidoso pois xa hai concellos que o sorteo o fan entre os
parados. Polo tanto, sr. Feijóo, non estamos a pedir
nada doutro mundo, só que tome nota e faga a
selección que lle recomendamos, porque ante a grave
situación económica que estamos a padecer, o
interese en participar como persoal colaborador nestas
eleccións temos por seguro que é moi
numeroso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario