Na reunión ordinaria do mes de setembro o Comité de Empresa acordou presentar unha serie de alegacións á Relación de Postos de Traballo, do Plan de Emprego e do Capítulo XII relativo ás normas de persoal.
O documento presentado por rexistro pretende ser unha análise polo miúdo de todos os defectos, erros e mudanzas que levamos observados dende que o Concello nos achegou o documento a finais de xullo. Á vista de todos os documentos a memoria previa á RPT e a propia memoria do Plan de Emprego incorren en varios erros que consideramos de gravidade e ocultan información sobre as verdadeiras modificacións da RPT. Iremos desmiuzando pouco a pouco algunhas das propostas recollidas neste documento.
Capítulo XII. Normas relativas ao persoal.
O Comité solicitou que se subsanen os
erros e que o criterio de adecuación do complemento
específico á asignación de novas funcións a distintos postos de
traballo sexa uniforme e non arbitrario tal e como acontecería se esas normas se aplican sen se modificar. Ademais tamén incidiu en que
o persoal que non vén percibindo os trienios correspondentes deixe
de ser discriminado nestes termos e que tampouco se produzan agravios
discriminatorios totalmente arbitrarios e inxustificados no pagamento
do complemento extra das pagas de dúas prazas de compañeiros laborais.
Ademais ínstase ao Concello a faga público o manual do criterio de asignación dos niveis
de complemento de posto e que lle asigne o devandito nivel a todos os
postos que están incluídos na Relación Postos de Traballo. A maiores, solicitouse que
se publiquen os criterios de asignación do complemento persoal e que
se procure unha fórmula para evitar este agravio discriminatorio
duns traballadores con respecto a outros.
O Comité tamén solicitou que o Concello utilice os mesmos criterios de retribución ocasional
polo desempeño de funcións superiores en vacacións, baixas etc
para o persoal laboral e o funcionariado, do contrario, se segundo indican as propias normas, isto supón un
agravio discriminatorio en función da relación contractual dos
traballadores. Con respecto ao persoal non estrutural pediuse que o Concello unifique e especifique os criterios retributivos do
persoal ao abeiro de subvención de xeito que todos os traballadores
en semellante situación contractual coñezan e se lles aplique o
mesmo criterio con respecto ás retribucións básicas e
complementarias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario