Nos
países do sur de Europa e nos anglosaxóns, que non dispoñen de bos
servizos públicos para o coidado de familiares, os cidadáns teñen
peor saúde que nos países nórdicos e do leste de Europa, debido ás
altas cargas familiares e laborais. Así o pon de manifesto un estudo
do proxecto europeo Sophie.
O
proxecto, coordinado dende Barcelona pola Axencia de Saúde Pública
e o Centro de Investigación en Rede Ciberesp, analizou a realidade
dos 27 países da Unión Europea (UE).
E
a súa conclusión é taxativa: a combinación de longas xornadas
laborais e cargas familiares nos países continentais e do sur de
Europa "ten un efecto negativo sobre a saúde das mulleres e dos
hombres". Y é que a falta de políticas familiares en países
como o Estado españos, Italia ou Grecia, fai que compaxinar a vida
familiar e laboral sexa máis difícil aquí que en Copenhague.
En
cambio, nos países nórdicos e do leste de Europa, "con
mellores servizos públicos para externalizar o coidado de fillos e
persoas dependentes", non existe a devandita relación. Os
investigadores constatan que a relación das longas xornadas de
traballo e cargas familiares coa saúde das persoas "depende do
modelo de política familiar que se siga".
En
países co modelo de familia tradicional, polo tanto, a situación é
peor que naqueles que promoven un modelo de parella con ambas as dúas
persoas empregadas e bos servizos públicos que permiten a
externalización do coidado de fillos e dependentes, explicou a
coordinadora do traballo, Lucía Artazcoz.
Como
explica Artaroz, a diferenza entre estes dous grupos de estados, é
que as axudas económicas ás familias (por exemplo, en forma de
baixas por maternidade máis longas) son superiores, o que permite
unha mellor conciliación da vida familiar e laboral, sobre todo, con
menos repercusións para a salud.
En
cambio, apunta, a combinación de xornada laboral, coidado familiar e
ausencia de políticas públicas de apoio fai que a saúde (física e
mental) das mulleres se resinta máis nos países do sur de Europa,
como é o caso do Estado español. "No sur de Europa, a figura
da ama de casa é máis frecuente", explica esta especialista, "
pero coa crise, moitas delas víronse obrigadas a saír ao mercado
laboral nunhas condicións moi precarias, case de explotación".
Non
obstante, os resultados están baseados en datos dunha enquisa
europea do ano 2010, polo que é previsible que nos últimos tres
anos a situación "como mínimo non foi a mellor". De
feito, explica a investigadora, cada vez son máis os traballos que
están a alertar das repercusións que pode ter na saúde a actual
situación económica.
e-saludable.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario