O
pasado día 14 de xaneiro, o Parlamento Europeo aprobou unha
resolución titulada "Inspeccións laborais efectivas como
estratexia para mellorar as condicións de traballo en Europa
Entre
as máis de cincuenta recomendacións eliximos tres que nos parecen
particularmente relevantes:
[O
Parlamento] destaca que, se ben as inspeccións de traballo
constitúen un labor de servizo público que soamente deben
desenvolver organismos públicos independentes, isto non debe excluír
que estas inspeccións se realicen coa axuda de representantes dos
interlocutores sociais; considera que se debe garantir a
independencia dos servizos de saúde e seguridade no traballo con
respecto ao empregador; considera que, en materia de saúde no
traballo, a vixilancia, as alertas, os coñecementos sanitarios e os
bos consellos en materia de saúde só poden ser tarefa de
profesionais da saúde e da seguridade independentes; considera
lamentable que, nalgúns Estados membros, a xestión dos servizos de
saúde e seguridade no traballo siga estando en mans de asociacións
de empresarios; pon de relevo que a inspección e o control da saúde
no traballo de debe ser competencia de inspectores independentes con
formación en materia de saúde e seguridade;
[O
Parlamento] subliña o papel fundamental que desempeñan os
organismos de inspección de traballo na prevención e o control, así
como que tamén contribúen a reforzar os coñecementos e a
divulgación da información a nivel das empresas; insta aos Estados
membros a incrementar o persoal e os recursos dos organismos
nacionais de inspección de traballo, a alcanzar o obxectivo dun
inspector por cada 10.000 traballadores, de conformidade coas
recomendacións da OIT, e a reforzar as sancións contra as empresas
que non respecten as súas obrigas en materia de dereitos
fundamentais (salarios, xornada laboral e saúde e seguridade no
traballo); estima que as sancións nestes casos deben ser efectivas,
disuasorias e proporcionadas;
[O
Parlamento] avoga por endurecer as sancións ás empresas que
incumpran as súas obrigas en relación cos dereitos fundamentais dos
traballadores, e considera que as devanditas sancións deben ter un
efecto suficientemente disuasorio que permita garantir que o
empregador non poida en ningún caso beneficiarse se elude observar
as normas vixentes en materia de saúde e seguridade no traballo;
pide aos Estados membros que revisen os seus sistemas de fixación de
sancións para que o nivel da multa sexa proporcional aos danos e que
garantan que estea por enriba dos beneficios obtidos ao eludir as
normas.
Acceso
ao texto do informe "Inspeccións
laborais efectivas como estratexia para mellorar as condicións de
traballo en Europa"
Fonte:
Parlamento Europeo
Ningún comentario:
Publicar un comentario