O Concello négase a cubrir as
baixas dos servizos básicos desta Administración local. O
Departamento de limpeza é un dos máis afectados por esta decisión
do goberno municipal que provoca continuos cambios de horarios
nomeadamente nas traballadoras dos edificios municipais e o colexio
de educación primaria. Así, o Concello de Betanzos, semella que
pretende deixar morrer de inanición os servizos públicos pola carga
de traballo e as condicións laborais que lle está a impór ao
persoal do servizo de limpeza que repercuten directamente no estado
dos edificios municipais porque os servizos non se poden prestar en
condicións.
Neste
casos a sobrecarga de traballo está afectando de xeito evidente e
repercute na prestación do servizo dende o momento que non hai o
número suficiente de persoas para atendelo, a situación complícase
máis ao ter en conta que non traballa en limpeza todo o persoal
adscrito a este departamento na Relación de Postos de Traballo
vixente. A maiores, e para tentar cubrir a
duras penas algún servizo o Concello está incumprindo reiteramente
o artigo 19 do convenio colectivo no que ten que ver coa mobilidade
do persoal, e onde se indica que nestes casos sería preceptivo un
informe do Comité de Empresa que o Concello nunca solicita cando
unilateralmente decide modificar as condicións laborais do persoal
laboral e non respecta a adscrición dos centros de traballo do
persoal.
O
propio Comité de Empresa deixou constancia en outubro de 2013 desta
situación e solicitoulle ao Concello que cumprise
estritamente o Convenio colectivo do persoal laboral e lle solicitese
ao Comité de Empresa todos cantos informes son preceptivos
previamente a modificar as condicións laborais dos seus
traballadores, a día de hoxe non obtivo resposta e o Concello segue
incumprindo reiteradamente o convenio en vigor e amosando un total
desprezo polos dereitos dos traballadores. A maiores, a CIG pediulle
explicacións ao concelleiro de Persoal, Diego Fernández, sobre o
feito de que persoal de limpeza do Concello limpe dependencias dunha
entidade privada, neste caso, temos coñecemento de que persoal do Concello limpa o Centro Internacional da Estampa Contemporánea, unha entidade privada que a maiores percibe subvencións de diversos organismos públicos, posto que considera que isto non so é unha grave
irregularidade senón que redunda nos problemas que lle afectan a
este colectivo e empeora as condicións dos servizos públicos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario