Así
o entende o Tribunal Superior de Xustiza de Baleares nunha sentenza
que obriga ao servizo de Saúde do Goberno desta comunidade autónoma,
como empregador, a pagar unha indemnización de 20.000 euros a unha
médica residente que se contaxiou dunha conxuntivite severa durante
o desempeño do seu traballo en Urxencias.
O
tribunal considera que os danos e prexuízos causados -inflamación
dos ollos e perda de algo de visión- foron responsabilidade do
hospital por un exceso da carga de traballo, malia quedar probado
que, en termos xerais, a entidade cumpría coa normativa de
prevención de riscos e dispoñía dos protocolos e avaliacións de
riscos correctas.
O
problema é que tamén se demostrou que había unha carga moi forte
de traballo en Urxencias en tal medida que impedía ou limitaba,
segundo estima a sentenza, cumprir escrupulosamente os protocolos por
parte dos traballadores.
O
hospital defendeuse alegando que o accidente era imputable á
actuación da propia traballadora, sen que o exceso de traballo
xustificase a súa conduta. Para demostralo incidiu no feito de que
ninguén salvo esta médica resultou infectado.
O
máis novidoso desta sentenza, ditada o pasado 6 de novembro, é que
se estimase que a carga de traballo é algo que neutraliza a
dilixencia esixible ao traballador no exercicio das súas funcións.
Este
fallo supón un paso doutrinal importante en canto á ampliación de
responsabilidade das empresas no ámbito de accidentes laborais e
prevención de riscos, de tal forma que, só en casos de neglixencias
moi evidentes por parte dos traballadores, os empregadores poderán
librarse de pagar indemnizacións.
En
opinión de Carlos Gil, socio da área Laboral do despacho SJ Berwin,
aínda que non se pode falar propiamente dun suposto de
responsabilidade obxectiva do empresario en todas as circunstancias,
"si é verdade que a solución adoptada polo tribunal consagra a
idea de que a culpa empresarial que fai falta para poder sancionar a
unha empresa en casos de accidentes de traballo por infracción de
medidas de seguridade queda atenuada".
Segundo
o criterio do tribunal, é o empresario quen organiza e controla o
proceso de produción, quen ordena ao traballador a actividade a
desenvolver e a súa intensidade e, en último termo, quen está
obrigado a avaliar e evitar os riscos, mesmo fronte aos seus propios
descoidos e imprudencias non temerarias.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario