Accidente
laboral
Na
sentenza o titular do Xulgado do Social número 1 de As Palmas de
Gran Canaria, acepta a baixa por ansiedade dun traballador, derivado
polo acoso laboral continuado da súa empresa, como incapacidade
permanente e polo tanto recoñece o mobbing como accidente de
traballo.
A
maxistrada aceptou que a incapacidade permanente absoluta que o
traballador (denunciante) ten recoñecida é derivada de continxencia
profesional, producida pola situación de acoso laboral á que se viu
sometido na empresa; a este feito opoñíase a Mutua, tamén
demandada polo traballador.
Xustifícase
esta decisión aducindo que o artigo 115-2-e) da Lei Xeral da
Seguridade Social cualifica como accidente de traballo as
enfermidades que non tendo a consideración legal de enfermidade
profesional, contraia o traballador con motivo da realización do seu
traballo, sempre que se probe que a enfermidade tivo por causa
exclusiva a execución deste. Deste modo, os feitos probados que
aparecen na resolución fan constar que a patoloxía psiquiátrica
tiña a súa orixe directa na situación de acoso laboral continuado.
O
fallo do Xulgado do Social condena á Mutua ao pagamento da
prestación correspondente e aos demandados, Empresa, Seguridade
Social e Tesouraría da Seguridade Social, decláraos culpables.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org.
Ningún comentario:
Publicar un comentario