A
reforma da Lei Xeral da Seguridade Social en relación co réxime
xurídico das Mutuas de Accidentes de Traballo e enfermidades
Profesionais da Seguridade Social entrará en vigor o día 1 de
xaneiro de 2015. A presente lei ten por finalidade regular na súa
integridade o réxime xurídico das ata agora denominadas Mutuas de
Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade
Social, que pasarán a denominarse Mutuas Colaboradoras coa
Seguridade Social e das funcións que desenvolven como entidades
asociativas privadas colaboradoras na xestión da protección
pública
Son
Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social as asociacións privadas
de empresarios constituídas mediante autorización do Ministerio de
Emprego e Seguridade Social e inscrición no Rexistro especial
dependente deste, que teñen por finalidade colaborar na xestión da
Seguridade Social, baixo a dirección e tutela deste, sen ánimo de
lucro e asumindo os seus asociados responsabilidade mancomunada nos
supostos e co alcance establecidos nesta lei.
As
Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social, unha vez constituídas,
adquiren personalidade xurídica e capacidade de obrar para o
cumprimento dos seus fins. O ámbito de actuación destas esténdese
a todo o territorio do Estado.
É
obxecto das Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social o
desenvolvemento, mediante a colaboración co Ministerio de Emprego e
Seguridade Social, das seguintes actividades da Seguridade Social:
a)
A xestión das prestacións económicas e da asistencia sanitaria,
incluida a rehabilitación, comprendidas na protección das
continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais
da Seguridade Social, así como das actividades de prevención das
mesmas continxencias que dispensa a acción protectora.
b)
A xestión da prestación económica por incapacidade temporal
derivada de continxencias comúns.
c)
A xestión das prestacións por risco durante o embarazo e risco
durante a lactación natural.
d)
A xestión das prestacións económicas por cesamento na actividade
dos traballadores por conta propia, nos termos establecidos na Lei
32/2010, do 5 de agosto, pola que se establece un sistema específico
de protección por cesamento de actividade dos traballadores
autónomos.
e)
A xestión da prestación por coidado de menores afectados por cancro
ou outra enfermidade grave.
f)
As demais actividades da Seguridade Social que se lles atribúa
legalmente.
Regúlase
nesta lei o réxime económico e financeiro destas entidades, os seus
órganos de goberno e participación (os axentes sociais poderán
participar a través das Comisións de Control e Seguimento, ás que
se incorpora unha representación das asociacións profesionais dos
traballadores autónomos), o patrimonio e réxime de contratación, o
resultado económico e as reservas, os excedentes e o Fondo de
Continxencias Profesionais da Seguridade Social.
Así
mesmo nas disposicións adicionais, establécese entre outras
cuestións, a Xestión polas Mutuas Colaboradoras coa Seguridade
Social da prestación económica por incapacidade temporal derivada
de continxencias comúns, o réxime de desinvestimento das Mutuas
Colaboradoras coa Seguridade Social nas sociedades mercantís de
prevención, así como o establecemento dun sistema específico de
protección por cesamento de actividade dos traballadores autónomos.
Lei
35/2014, do 26 de decembro,
pola que se modifica o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade
Social en relación co réxime xurídico das Mutuas de Accidentes de
Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social.
Ningún comentario:
Publicar un comentario