Accidente
laboral
Na
sentencia do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco indícase
que a incapacidade temporal da traballadora debida a un cadro de
ansiedade e depresión consecuencia dun conflito prolongado co seu
superior xerárquico, debe ser considerado accidente de traballo.
Esta sentenza atende a un recurso de súplica da traballadora e
revoca unha sentenza previa na que se consideraba a patoloxía
sufrida como enfermidade común.
Segundo
recolle a sentenza, a situación de tensión que derivou no cadro
ansioso depresivo que sufriu esta traballadora, foi exclusivamente
por motivos laborais , en concreto polo “incivismo organizacional”
do seu xefe.
A
sentenza ten en conta que a traballadora non padecera con
anterioridade ningún tipo de enfermidade psiquiátrica e que non
existían problemas familiares ou sociais que puidesen incidir no seu
estado. Así mesmo, indícase que o conflito se
manifestou a través de actos concretos e continuos de animadversión,
desconsideración e falta de respeto derivando en desconfianza
e comunicación agresiva. A sentenza conclúe que aínda que o
conflicto non pode ser considerado como acoso laboral, sí define
unha situación de incivismo organizacional do superior xerárquico.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org.
Ningún comentario:
Publicar un comentario