Reunión
Onte, máis dun mes logo de solicitar unha reunión co concelleiro de Persoal, Diego Fernández, recibiu aos representantes do Comité de Empresa logo de que solicitaran unha reunión co propio alcalde á vista de que o concelleiro de Persoal non. Finalmente e á vista de que o concelleiro ofreceu a información que se consideraba necesaria non se mantivo a reunión co alcalde mais non por iso resulta menos lamentable que Ramón García non fose quen de ficar nun momento que se achegou ao despacho do concelleiro.
Os representantes do persoal laboral amosáronlle a súa total disconformidade co xeito de proceder do Concello e xa que o concelleiro de Persoal alegou este problema a un "erro múltiple" acordouse que se lle achegarían as convocatorias por correo unha vez rexistradas, o que non fai máis que redundar en que os representantes dos traballadores duplicamos traballo porque hai quen non fai o seu, porque neste caso as opcións eran dúas, ou alguén da propia Administración tenta dificultar as reunión do Comité de Empresa co goberno municipal ou ben é o concelleiro de Persoal que conta contos para cubrir as súas costas.
Privatización da xardinaría
O tema polo que se solicitara a reunión había un mes era pola alarmante privatización da xardinaría municipal da que o Concello están tan orgulloso e que esta semana mesmo se publicaron no BOP as bases para a contratación da privatización
da xardinaría por 86 000 euros. Con respecto a este tema advertímoslle ao concelleiro que o Comité de Empresa ten
dereito a ter información sobre calquera externalización que se
realice no Concello e máis aínda, cando, tal e como aparecía nas novas semellaba que a carga de traballo dos catro compañeiros que a día de hoxe están traballando no servizo non estaba asegurada, máis aínda no caso do Pasatempo onde hai dous traballadores dedicados exclusivamente ao seu mantemento e cando no anuncio especificaba que o contrato era para o mantemento do Pasatempo. O concelleiro aclarou que o contrato non tiña que ver coas funcións que os traballadores da área desempeñaban e comprometeuse a asegurar a carga de traballo e o mantemento dese tipo de traballos, que podería resultar especialmente preocupante para 3 compañeiros readmitidos que aínda non teñen asignado un posto na Relación de Postos de Traballo.
Igualmente, dese o Comité insistiuse en que na actualidade había unha praza de xardineiro funcionario vacante na RPT e que se podería ir freando aos poucos se o Concello a sacaba na Oferta de Emprego Público para o ano 2016. O que está claro é que o Comité de Empresa, pola parte que lle toca á maioría da CIG amosa o seu total rexeitamento ao proceso de privatización
e a defensa dos postos de traballos do persoal laboral de servizos, e máis aínda tendo en conta as previsións de creacións de novos postos que o Concello ten previstas para o ano 2016.
Convenio
Seguimos agardando de novo a resposta da Xunta e isto xa chega a un punto vergoñento, agora o concelleiro de Persoal indicou que, como moi cedo, a ver se estivese en vigor en XUÑO! Que seica se estivese listo mesmo convocarían un pleno extraordinario en maio para aprobalo. O que está claro é que este convenio pódese tomar como paradigma da pésima xestión da área de Persoal nestes cinco anos, onde case catro deles foron de negociación e agora levamos máis dun para que se aprobe definitivamente.
Novo xuízo por despedimento improcedente
A pasada semana o Concello enfrontouse a un xuízo máis por despedimento improcedente. Desta volta foi a outra compañeira de limpeza do aulario despedida no verán de 2015 que demandou ao Concello. O xuízo está visto para sentenza mais o concelleiro do PSOE xa nos informou que a intención aínda que gañen a compañeira é despedir e indemnizar á compañeira no caso de que gañe, tal e como se prevé. Mentres tanto Ramón García permite que a limpeza de edificios siga privatizada cunha xestión máis que deficiente e cando tivo a posibilidade de ter dúas traballadoras públicas máis no cadro de limpeza cando os xulgados din que os despedimentos son improcedentes. Este debe de ser o socialismo do século XXI que mesmo ás veces lle resulta difícil de comprender a xente moi próxima ao goberno municipal.
Escola Infantil Municipal
O Comité de Empresa tamén lle trasladou a preocupación ao goberno municipal, ao igual que xa fixo por rexistro a semana pasada, sobre a non cobertura provisional do posto de dirección en momentos en que a directora desfruta dos permisos que lle corresponden. Con respecto a esta situación o concelleiro indicou que efectivamente se debía facer a través dunha resolución da alcaldía un nomeamento provisional e anotouno para que así fose en vindeiras ocasións... agora só queda ver se de verdade se fai.
Outros temas
Tamén se lle trasladaron ao concelleiro de persoal outros temas relacionados con algunhas máquinas municipais e o deterioro que supoñen para a saúde dos traballadores e as posibilidades de facerse con maquinaria nova, problemas con temas relacionados con saúde laboral e mais coa documentación e a elaboración de nóminas, así como diversos problemas que compañeiros tiveron nas nóminas en pasados meses e que non se deben repetir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario