Psicosocial
Segundo
datos da Oficina Estatistica da Unión Europea, Eurostat, referidos a
hábitos horarios da nosa contorna, os españois descansamos menos,
traballamos máis horas (cunha produtividade menor) e convivimos con
horarios laborais e sociais que dificultan a tan ansiada conciliación
entre vida laboral, familiar e social. Así mentras no Estado español
vemos o programa da televisión líder en audiencia, os alemáns ou
os italianos están xa descansando; na práctica, un retraso medio de
dúas horas que afecta a la organización diaria de todos os ámbitos
da nosa vida: traballo, familia e ocio.
A
xornada laboral predominante segue a ser a partida de mañá e tarde
cun tempo de descanso entre ambas; neste tipo de xornada o tempo de
traballo alóngase ata o final da tarde e todo se
retrasa; as actividades de ocio, de formación, a cea e incluso a
programación dos espacios televisivos. A xornada partida
incrementa o tempo que se adica aos desprazamentos e dificulta
enormemente a atención ás obrigas familiares, debendo, na maior
parte dos casos, delegar éstas en terceiras persoas.
O
cambio necesario na estrutura da xornada laboral no Estado español
debe ser froito dun pacto global no que se impliquen todos os
sectores sociais e concretado nun marco normativo que regule e
incentive o cambio.
O
huso horario
Outro
condicionante horario ven dado polo feito de que o Estado español
ten adoptada unha hora oficial que está unha hora por encima da que
realmente lle corresponde pola súa posición xeográfica; co cambio
ao horario do verán pásase a estar en case todo o Estado dúas
horas por encima da hora solar, tres horas no caso de Galiza. Cada
vez son máis as voces que abogan por non realizar este cambio dado
que a rendibilidade enerxética é cuestionable e os beneficios
sciolóxicos do horario de verán son enmoitos casos dubidosos: aínda
que ter máis horas de luz polas tardes psibilita a realización de
actividades ao aire libre, o cambio horario non leva aparellada por
regla xeral unha reducción na xornada laboral, polo que a efectos
prácticos a disponiblidade horaria para outras actividades distintas
do traballo sigue a ser a mesma.
Máis
información na publicación Estudo
da incidencia da xornada de traballo na seguridade laboral e nos
riscos psicosociais
Ningún comentario:
Publicar un comentario