As democracias sonvos así para o PSOE, hai que cubrir os trámites do expediente para que o xulgado non lles ande no lombo mais pouco máis, do contrario o concelleiro de Persoal non tería a cara de convocar unha Mesa Xeral de Negociación para dicirnos que non hai nada que negociar... porque senón hai nada que negociar, para que nos fai perder o tempo? Ah claro, a lei obrígao a convocar e con cubrir o trámite e "dar conta" para que se vai esforzar e ouvir o que os traballadores teñen que dicir sobre os temas que lles afectan?
As Mesas Xerais de Negociación teñen como finalidade principal desanimar e facer ver que non serven para nada, mais nós teimamos en que si porque os acordos que se tomen ou non constan nunha acta que non pode servir de cara ás alegacións aos orzamentos e a calquera tipo de reclamación no xulgado, do contrario, pasaría como antes, que o que non está por escrito é coma se non existise. Desta volta quizais aínda foi todo peor pola apatía do resto dos sindicatos que se conforman con calquera explicación do goberno municipal por moito que non estea acreditada con informes, ao igual que a documentación que nos entregan e que contén información que non xustifican documentalmente con ningún informe de Intervención nin de Secretaría; e para quen non é moito de ir a misa precisa saber os fundamentos que dan lugar á toma de decisión, agora ben, para os que profesan a relixión de Ramón García non hai moito que dicir nun foro coma este, de aí que as mesas xerais pouco máis que se convirtan nun diálogo entre a CIG e o goberno municipal.
A nosa postura ante a proposta de capítulo 1 do goberno municipal ía ser o voto en contra, non obstante non o puidemos expresar porque non se procedeu a votar nada, xa que Diego Fernández, insistiu en que non había nada que negociar, nin a creación da praza de patrón á marxe da Relación de Postos de Traballos, nin o aumento de complemento persoal a un traballador non informado debidamente, nin unhas bases de execución que non se axustan á lexislación laboral e o sistema retributivo para o persoal laboral do Concello de Betanzos nin sequera a cobertura de ningún dos trinta postos vacantes na Relación de Postos de Traballo. A CIG solicitou, pois, que quería que constase en acta que o único punto da orde do día
evidenciaba unha clara falta vontade de negociación a pesar de que o capítulo 1 é de obrigada
negociación segundo o artigo 37 do Estatuto Básico do Empregado Público.
Para alén de que se evidenciaba unha falta de negociación quixemos deixar constancia da nosa postura con respecto á proposta que o Concello nos
achegou, así como algunhas eivas que presentaba a documentación. En termos xerais, a CIG defendeu na Mesa Xeral de Negociación os seguintes puntos:
-Oposición á creación de prazas inexistentes na Relación de Postos de Traballo sen negociación e á marxe da lexislación laboral vixente.
-Solicitude de cobertura inmediata de baixas e vacantes ata reverter o proceso de progresiva privatización que o goberno municipal levou a cabo nos anos anteriores.
-Defensa dos servizos públicos.
-Inclusión da partida orzamentaria necesaria para a aplicación das retribucións do novo convenio colectivo (que se prevé que entre en vigor os vindeiros meses).
-Aumento da partida de axudas sociais ata cubrir todas as solicitudes do persoal.
-Non utilización das partida de gratificacións para pagar as retribucións complementarias a un funcionario que fixo funcións de secretario accidental sen reunir os requisitos de categoría profesional.
-Solicitude da xustificación documental con informes de todos os puntos con eivas sinaladas nas bases de execución e coas retribucións complementarias plasmadas no documento e que non responden a criterios do convenio colectivo e a lexislación laboral vixente, e semellan unha simple interpretación unilateral por parte do goberno de aplicación do sistema de retribucións indicado no convenio colectivo vixente.
Hoxe o goberno municipal convocou un pleno extraordinario cun único punto da orde do día relativo aos orzamentos, de se aprobaren, a CIG fará as alegacións correspondentes na liña do defendido na Mesa Xeral de Negociación unha vez que se publique a aprobación inicial e sinalando a falta de negociación por parte do goberno municipal, así como a falta de obxectividade dalgunhas das bases do capítulo XII, toda vez que non se corresponden a criterios do convenio colectivo vixente nin do que está en trámite.

Ningún comentario:
Publicar un comentario