13/03/17

A Sección sindical da CIG reiterou o pasado 8 de marzo a solicitude de Comisión paritaria de Igualdade

O pasado 8 de marzo a CIG solicitou de novo por rexistro a constitución da Comisión Paritaria de Igualdade. Ese mesmo día envioulle unha copia da solicitude rexistrada ao concelleiro de Persoal, Diego Fernández, e á concelleira de Muller, María Barral. Así mesmo, enviou unha copia de solicitude á caixa de correo da Igualdade que o Concello ten na súa páxina web.

Así mesmo, lembrámoslle ao Concello que no último Plan de Igualdade do Concello de Betanzos non se negociou cos representantes dos traballadores nada do relativo á cuestión laboral, e mesmo o Comité de Empresa solicitou información en diferentes ocasións no ano 2013 por rexistro sobre a súa aplicación no ámbito interno laboral do propio Concello, así como as medidas adoptadas pola Administración para fomentar a igualdade entre homes e mulleres, e en ningún caso obtivo resposta e que o Concello de Betanzos fai publicidade por distintas vías da súa programación encamiñada a promocionar a igualdade entre a cidadanía de xeito especial en datas sinaladas como o 8 de marzo, mais non así, pola contra implanta políticas de igualdade encamiñadas a eliminar as deseigualdades na propia Administración local.

Ningún comentario:

Publicar un comentario