A delegada de prevención da CIG rexistrou unha nova queixa, como cada ano, pola utilización que o goberno municipal fai da entrada da Casa do Concello como almacén de instrumentos e trastes dificultando o traballo do persoal que presta os seus servizos nese edificio, así como creándolle riscos innecesarios á cidadanía que acude ao edificio. O documento foi rexistrado telematicamente o pasado venres 15 de xuño e indicaba o seguinte:
COMUNÍCOLLE QUE:
- Que, unha vez máis, e desde hai varias semanas, o Concello vén utilizando a entrada da Casa Consistorial como almacén de diversas cousas relacionadas coa Feira Franca Medieval.
- Que esta situación vense repetindo cada ano, tal e como xa os delegados de prevención do Comité de Empresa lle teñen comunicado ao Concello e cada vez é máis grave posto que os obxectos que o Concello deposita na entrada do edificio cada vez permanecen máis tempo nesta.
- Que esta situación produce uns riscos non avaliados tanto para o persoal como para a cidadanía que accede diariamente ás dependencias administrativas.
- Que a situación dificulta en ocasións o tránsito polas dependencias e podería supor un perigo no caso de que haxa que realizar unha evacuación.
- Que achegamos xunto con este documento algunhas fotos que acreditan tal situación, e que foron tomadas en diferentes datas ao longo das pasadas semanas.
- Que este edificio está avaliado como oficinas administrativas e no caso de querer destinalo para almacén de xeito continuo, á vista do que ocorre cada ano nas mesmas datas, o Concello debe realizar unha nova avaliación de riscos laborais. Do contrario non pode usar como almacén a entrada dunhas oficinas administrativas municipais
Por
todo isto, SOLICITO:
- Que o Concello tome as medidas oportunas de cara a solucionar esta situación.
- Que deixe de utilizar a entrada da Casa do Concello como almacén, toda vez que este edificio está avaliado como oficinas administrativas.
- Que teña en conta que esta situación que se repite no tempo pode dar lugar a problemas no caso de que nunha situación de urxencia haxa que avacuar o edificio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario