Hoxe mesmo, a delegada de prevención
de riscos laborais da CIG solicitou a través do rexistro telemático
que o Concello de Betanzos reúna o Comité de Seguridade e Saúde e
indicou o seguinte:
PRIMEIRO. Que tanto a Lei de prevención
de riscos laborais, como o Convenio colectivo do persoal laboral e o
Regulamento do Comité de Seguridade e Saúde do Concello de Betanzos
recollen que as reunións do Comité de Seguridade e Saúde terán
lugar con carácter trimestral.
SEGUNDO. Que a última reunión do
Comité de Seguridade e Saúde tivo lugar o 25 de outubro de 2017,
hai, por tanto, 8 meses, e os delegados de prevención do persoal
laboral solicitámoslle esta reunión ao concelleiro de Persoal en
múltiples ocasións sen que ata o momento tivese lugar.
TERCEIRO. Que, a maiores, o Concello
ten pendentes varios requirimentos da Inspección de Traballo do ano
2017 e non informou aos delegados de prevención sobre a resolución
destes.
SOLICITO:
PRIMEIRO. Que o Concello convoque a
reunión ordinaria do Comité de Seguridade e Saúde, tal e como
procede, e que na orde do día, inclúa, como mínimo, os seguintes
puntos:
1. Aprobación, se procede, da acta da
sesión anterior.
2. Informe das baixas laborais.
3. Implantación do Plan de Emerxencia
e Evacuación da Biblioteca Pública Alfonso Rodríguez Castelao.
4. Elaboración do Plan de Emerxencia
e Evacuación do edificio Liceo
5. Información sobre os plans de
emerxencia, plans de prevención de riscos pendentes e prazos.
6. Revisións médicas
7. Quenda de intervencións
2. Que á devandita reunión acuda o/a
técnico/a de prevención da Mutua de cara a poder informar sobre os
temas indicados.
3. Que o Concello confirme coa maior
brevidade posible a data e hora da reunión do Comité de Seguridade
e Saúde e que llo comunique a todos os membros que forman parte
deste organismo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario