O Comité de Emprego e Asuntos Sociais
adoptou por unanimidade un conxunto de medidas a fin de evitar a
ausencia laboral a longo prazo. Considera que a Comisión Europea e
os Estados membros deberían traballar para reter e reintegrar ao
lugar de traballo aos traballadores/as que sofren diversas afeccións
ou lesións crónicas e fomentar o envellecemento activo.
Os membros do Parlamento Europeo
suliñaron que reintegrar aos traballadores/as en empregos de
calidade, así como permitirlles manterse activos ata a idade de
xubilación e máis aló se así o desexan, é beneficioso para o seu
benestar psicosocial e axuda a reter habilidades que doutro xeito se
perderían.
No texto o Comité de Emprego e Asuntos
sociais propón:
- Mellorar o manexo das ausencias por
enfermidade nos Estados Membros.
- Facer que os lugares de traballo
sexan máis adaptables ás condicións crónicas e discapacidades
mediante a modificación de tarefas, equipos e tempo de traballo
(teletraballo, horario flexible, horario de traballo reducido).
- Facer que os lugares de traballo
sexan máis adaptables a través de programas de aprendizaxe continua
e desenvolvemento de habilidades (incluíndo habilidades dixitais).
- Crear conciencia e abordar posibles
barreiras psicolóxicas para volver ao traballo, como a tensión
relacionada co traballo ou o estigma da saúde mental.
- Desenvolver e implementar un programa
de vixilancia e apoio sistemático para os traballadores/as afectados
polos riscos psicosociais, como a depresión ou o esgotamento.
- Empregar a política baseada en
evidencia como unha práctica estándar e formar a base dos enfoques
de retorno ao traballo.
- Proporcionar apoio técnico externo e
orientación para as PEMES e microempresas con experiencia limitada
en rehabilitación ocupacional e medidas de reincorporación ao
traballo.
- Reforzar o enfoque de xestión de
casos nos programas de reintegración co apoio individualmente
deseñado e integrado dos traballadores/as sociais ou asesores/as
designados para manterse en contacto cos traballadores/as durante a
súa ausencia.
- Desenvolver plataformas de
intercambio de información para actualizar ás empresas e persoas
interesadas sobre os incentivos existentes e os seus dereitos.
Espérase que a votación plenaria teña
lugar durante as seguintes sesións en xullo ou setembro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario