Unha delegación da Executiva Confederal da CIG reuniuse esta mañá no Parlamento de Galizaconrepresentantes dos grupos parlamentarios do PP, AGE e PSOE para facerlles entrega dunha copia da ILP impulsada pola central sindical na que se recollen 100 medidas para o crecemento económico e a creación de emprego, e solicitar o seu apoio para que sexa tramitada pola Mesa do Parlamento. Ao igual que o grupo parlamentario do BNG, co que xa se reuniran o pasado 10 de outubro, todos manifestaron o seu interese polos contidos da Iniciativa e deron por feito que será debatida en pleno.
Manifestan
a súa coincidencia na gravidade do problema do desemprego e na
necesidade de articular medidas para favorecer a creación de emprego
Unha
delegación da Executiva Confederal da CIG reuniuse esta mañá no
Parlamento de Galizaconrepresentantes dos grupos parlamentarios do
PP, AGE e PSOE para facerlles entrega dunha copia da ILP impulsada
pola central sindical na que se recollen 100 medidas para o
crecemento económico e a creación de emprego, e solicitar o seu
apoio para que sexa tramitada pola Mesa do Parlamento. Ao igual que o
grupo parlamentario do BNG, co que xa se reuniran o pasado 10 de
outubro, todos manifestaron o seu interese polos contidos da
Iniciativa e deron por feito que será debatida en pleno.
O
secretario xeral, Suso Seixo, o secretario confederal de Emprego e
Industria, Miguel Malvido e o secretario confederal de Comunicación
e Propaganda, Francisco Miranda Vigo explicaron, nas xuntanzas cos
tres grupos as propostas máis salientábeis que se recollen na
Iniciativa Lexislativa Popular e os motivos que levaron á central a
impulsala.
Seixo
explica que se incidiu especialmente en que o problema do desemprego
e a falta de postos de traballo debe ser considerado comoprioritario,
polas graves consecuencias que ten, tanto económicas, como sociais
ou demográficas. “Estamos nas cifras de paro máis altas da
historia e isto está provocando a emigración masiva de mozos e
mozas. Á súa vez, a falta de emprego está derivando nun incremento
alarmante da precariedade o que limita a capacidade reivindicativa da
clase traballadora e, en consecuencia, unha merma nas súas
condicións de vida”.
Tamén se lles
transmitiu aos grupos parlamentarios a intención da central sindical
de abrir un amplo debate social, nos comités de empresa e mesmo nos
concellos, para recabar o seu apoio e conseguir así que a ILP chegue
ao Parlamento co maior apoio posíbel porque “só o parlamento pode
adoptar as medidas lexislativas necesarias para pór en marcha as
medidas que se recollen na ILP”.
O secretario xeral da
CIG sinala que todos os grupos parlamentarios mostraron o seu
interese e coincidiron en recoñecer a gravidade do problema do
desemprego en Galiza, alén de agradecer que se ofreceran
alternativas. “O PSOE e AGE manifestaron o seu apoio á Iniciativa
e aos contidos da mesma. Por parte do PP, comprometéronse a manter
un novo contacto antes do seu debate en pleno para falar polo miúdo
dos seus contidos”.
Deste xeito, a
central sindical agarda que a Mesa do parlamento lle dea trámite á
ILP para que unha vez recollidas as sinaturas necesarias sexa
debatida en sesión plenaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario