Información achegada polos compañeiros e compañeiras de CIG-Administración Pública
SOBRE
A RECLAMACIÓN DA PAGA EXTRA DE DECEMBRO DE 2012
Nos
últimos meses, a CIG leva feito un intenso
traballo xurídico, en colaboración
con outras centrais sindicais, para conseguir a devolución do
diñeiro que nos foi confiscado mediante o RDL 20/2012. Esta é a
situación a día de hoxe:
- O Tribunal Constitucional ten que resolver a cuestión de inconstitucionalidade que elevou a Sala do Social da Audiencia Nacional española. En boa lóxica, o que diga o Constitucional será de aplicación ao conxunto dos empregados e empregadas públicas.
- Os xulgados e tribunais do social (para o persoal laboral) e do contencioso-administrativo (para o persoal funcionario e estatutario) están ditando sentenzas con estas liñas principais:
- Denegan a petición principal de pagar a paga extra enteira.
- Recoñecen o dereito a cobrar a parte proporcional da paga extra devengada até ao 15 de xullo de 2012, data de entrada en vigor do RDL 20/2012. En función do convenio de aplicación a parte que se recoñece vai desde os 14 días (cando o devengo é semestral) aos 6 meses e 14 días (cando o devengo é anual).
- Só unha sentenza, ditada por un Xulgado do Contencioso-Administrativo de Sevilla, recoñece o dereito a cobrar a paga íntegra a un funcionario da Administración de Xustiza, baseándose en que a Lei Orgánica do Poder Xudicial –que é de aplicación a eses concretos corpos funcionariais– non fora modificada polo RDL 20/2012.
Nesta
situación, a estratexia procesual debe ser diferente en función do
vínculo laboral ou funcionarial do persoal, debido a que os prazos
de prescrición son tamén diferentes, para o persoal laboral xa se conta coas primeiras sentenzas estimatorias de conflitos colectivos que resolveu o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza para administracións como a Xunta, as universidades, Portos de Galiza ou Turgalicia e con
carácter xeral, , a CIG
vai desenvolver todas as accións ao seu alcance para conseguir o
recoñecemento do dereito a cobrar unha paga extra que, como calquera
outro concepto salarial, é froito do traballo e esforzo de todos e
cada un dos traballadores e traballadoras do sector público.
Ningún comentario:
Publicar un comentario