02/06/16

Horario de verán do ano 2016 e compensacións

Un ano máis a última hora o Concello distribúe unha circular con respecto ao horario de verán, á redución diaria e mais á compensación. Si que cómpre sinalar que o tema da compensación non está ben claro porque pon que ten que haber a autorización do concelleiro correspondente nos casos en que non se pode reducir cada día por motivos de servizo, mais a día de hoxe aínda ningún traballador dos que non está desfrutando a redución por motivos do servizo ten o devandito documento na súa man e o procedemento para esta "autorización" non está moi claro, como tantas cousas neste Concello. De continuar os problemas que nos están trasladando algúns compañeiros que deben compensar tentaremos falar co concelleiro de Persoal para lle trasladar a cuestión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario