Saúde laboral
Segundo
datos presentados polo Concello de Barcelona, a Unidade de Saúde
Laboral da Axencia de Saúde Pública de Barcelona rexistrou 531
trastornos de saúde relacionados co traballo nun ano, un 14% máis
que no 2014, ano no que foron rexistradon 465. Estos trastornos son
notificados nos Centros de Atención Primaria (CAP) e exclúen ás
lesións por accidente de traballo e as enfermidades profesionais,
que xa se recollen noutros rexistros. Entre os trastornos máis
frecuentes están a ansiedade e a depresión, seguidas de problemas
musculares ou esqueléticos vinculados a posturas forzadas e
repetitivas.
A
media de idade dos traballadores/as que sufriron algún trastorno
sitúouse nos 43,8 anos, afectando ás mulleres un 64% dos casos; os
sectores con máis incidencia foron servizos e comecio.
Os
datos amosan un incremento dos factores de risco. Os que afectaron a
un maior número de traballadores foron de tipo psicosocial,
detectándose nun 55% dos trastornos contabilizados en homes e nun
67% en mulleres; estos riscos responden na súa maior parte á falta
de apoio dos superiores, altas esixencias nas tarefas e falta de
autonomía.
Analizando
os datos, a Axencia de Saúde Pública de Barcelona destaca a
incidencia dos trastornos de saúde relacionados co traballo nas
persoas traballadoras de idade máis avanzada. Así, no últimos
cinco anos (2010-2014) notificáronse 259 casos de trastornos de
saúde mental relacionados co traballo de persoas maiores de 54 anos.
No 30% dos casos identificáronse condutas hostís características
do acoso psicolóxico, afectando nun 64% a mulleres. Nalgúns
dos casos identificouse que as accións hostís ían dirixidas a
forzar un despedimento voluntario da traballadora. Destas, o 27% das
mulleres eran persoal de servizos e comercio e o 21% persoal
administrativo. Polo que se refire aos homes, unha cuarta parte dos
casos eran profesionais da ciencia e intelectuais, e o mesmo
porcentaxe, profesionais de apoio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario