Ergonomía
Tres
de cada catro músicos teñen padecido algún tipo de lesión debida
ao seu traballo; as posturas, o peso dos instrumentos (un saxo, que
vai colgado do pescozo, pesa tres kilos, un violín, que se sostén
coa mandíbula, medio kilo), e os movementos repetitivos poden causar
lesións que en determinados casos non permiten seguir tocando. A
pesares de que os problemas de dor causados por tocar un instrumento
sempre foron habituais entre os profesionais, os músicos están a
recibir pouca atención asistencial. Médicos e fisioterapeutas
especialistas neste tipo de casos intentan conseguir para eles o
recoñecemento que conqueriu a mediciña deportiva.
No
ano 1988 a Federación Estadounidense de Músicos levou a cabo un
traballo entre unhas cincuenta orquestas co fin de avaliar a saúde
dos músicos que tocaban nelas; dos máis de 2000 profesionais
enquisados, un 82% tivera algún tipo de incidente derivado da
actividade profesional, o 75% manisfestou ter sufrido a lo menos un
problema serio que tivo consecuencias no seu traballo, e un 50% deles
sufría dor musculoesquelético en zonas que coincidían coas áreas
onde interpretaban o instrumento como os dedos, a man, o pescozo e as
costas.
En
Cataluña o director médico do Instituto da arte de Terrassa, levou
a cabo un estudo similar con 1.639 músicos. Tres de cada catro
enquisados aseguraba ter sufrido algún problema durante a súa
carreira musical, supoñendo nun 37,3% dos casos un empeoramento da
técnica, segundo recolle nun estudo publicado a finais de 2010. As
lesións máis comúns afectan ao sistema musculoesquelético, sobre
todo entre os intérpretes de instrumentos de corda.
A
idade é outro factor determinate. Nunha investigación realizada
nunha orquestra cubana, formada por músicos de 22 a 91 anos, entre
os que predominan aqueles que están en torno aos 54 anos, observouse
que os músicos que superaban os 60 anos sufriron algún problema
musculoesquelético (89%) durante o último ano, en maior porcentaxe
que os máis novos (67%).
As
lesións nos músicos son un tema tabú, xa que se asocian a unha
mala técnica; así moitos profesionais non informan de que teñen
algún tipo de lesión por medo a ter problemas no seu traballo.
Practicar
bos hábitos, como a hixiene postural, limitar a práctica diaria do
instrumento, evitar a monotonía, realizar estiramentos e exercicio
físico son elementos que contribúen a evitar os problemas
musculoesqueléticos predominantes neste colectivo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario