A central pon en marcha unha campaña de afiliación para consolidar e ampliar a capacidade de resposta
A
CIG vén de poñer en marcha unha campaña de afiliación nunha nova
aposta coa que respostar a todos os ataques que sofre a clase
traballadora galega e o desmantelamento de Galiza. Con esta
iniciativa preténdese consolidar e ampliar a nosa capacidade de
resposta. Nos tempos que corren é vital afortalar a nosa
organización sindical, que ten unha traxectoria histórica de
firmeza, coherencia, insubornábel, de confronto co sistema, e
constitúe unha alternativa ao sindicalismo español do pacto social
e de colaboración co poder. [DESCARGA ABAIXO A FICHA DE AFILIACIÓN]
Faise
preciso incrementar a base afiliativa e reforzar a presenza da CIG
nos centros de traballo se queremos avanzar cara a nunha saída á
crise favorábel para a clase traballadora galega. Sendo máis
afiliados e afiliadas na CIG temos máis forza para combater as
reformas laborais, os recortes e perdas de dereitos, a destrución de
emprego, o empobrecemento dos salarios, o retroceso nas condicións
laborais, etc.
Canta
máis CIG, canta máis e mellor organización, máis capacidade de
organización para loitar, e polo tanto, máis capacidade de camiñar
cara a soberanía nacional de Galiza como expresión da consecución
dos obxectivos de emancipación da clase obreira galega.
Con
esta campaña de afiliación reforzamos a nosa independencia
económica como única forma de garantir o proxecto sindical da CIG,
que dende o seu nacemento dá unha resposta combativa e representa
unha alternativa real ao capitalismo. A independencia económica
permitiunos ser o que somos e manter a coherencia na defensa da clase
traballadora galega.
Servizos
de apoio á acción sindical
-O
departamento de servizos xurídicos, que cobre todo tipo de
asesoramento e defensa en casos de despedimentos, reclamación de
cantidades, vacacións, xornada laboral, pensións, prestacións por
desemprego, etc, sendo totalmente gratuíto este servizo a partir de
levar cinco anos afiliado/a.
-Os
departamentos de asesoramento económico, laboral e de igualdade, que
cobren todo tipo de asesoramento en materia de informes para ERES,
descolgues de convenios, economía social, plans e políticas de
igualdade e conciliación, informes sobre novas ordes, decretos ou
leis, etc. Totalmente gratuíto.
-O
departamento de formación profesional, que a través dun convenio
coa fundación FORGA leva anos impartindo cursos de formación, nos
nosos propios centros, nos que se formaron miles de traballadores/as,
con fondos públicos e de forma totalmente gratuíta.
-O
Plan de Axuda Alimentaria Solidario da CIG, creado nos últimos
tempos coas achegas solidarias da afiliación para dar apoio a todos
aqueles afiliados/as que como consecuencia da crise teñen
dificultades para poder cubrir as necesidades máis básicas de
alimentación. Somos a única central sindical en Galiza que temos
operativo este servizo de axuda á afiliación.
-A
Caixa de Resistencia, de apoio en caso de folga, posibilitando que os
afiliados/as, que levan máis de tres meses de afiliación á central
sindical, poidan cobrar até o equivalente do salario mínimo
interprofesional, a partir do cuarto día de folga, este incluído,
compensando así unha parte importante do salario perdido como
consecuencia da folga. Este mecanismo tenlle servido até hoxe a
moitos compañeiros/as afiliados/as para aguantaren a folga na súa
empresa e permitirlle así gañar o conflito fronte á patronal.
Somos a única central sindical en Galiza que temos operativo este
servizo de apoio á afiliación.
Para
informarte e afiliarte
-Ponte
en contacto coa representación sindical da CIG na túa empresa.
-Chama
por teléfono ou envía un correo electrónico ao local da CIG máis
próximo ao teu enderezo.
-Descarga
a folla de afiliación da páxina web da CIG, cúbrea e envíaa ao
local da CIG ou entrégalla á representación sindical da CIG no teu
centro de traballo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario