O xulgado do Penal de Soria condeou a un empresario a nove meses
de cárcere como autor dun delito contra a seguridade dos
traballadores e dous de lesións por imprudencia. Asl mesmo na
sentenza recóllese a inhabilitación durante un ano e medio para o
exercicio da profesión de construtor. Ademaís deberá aboar unha
multa de 540 euros e unha indemnización de 3.693, 92 euros aso
traballador accidentado de forma conxunta coa compañía de seguros e
coa empresa da que era administrador único.
O accidente tivo lugar nunha obra de rehabilitación de cuberta e
fachada dun edificio; dous traballadores xunto co propietario da
empresa, que exercía as funcións de dirección e encargado da obra,
realizaban labores de retirado de material da cuberta,
empregando para este fin unha cesta elevadora autoportante; no
momento do accidente os dous empregados estaban na rúa realizando
labores de retirada do material da cesta, cando parte do hastial e
dúas vigas caeron sobre eles, resultando golpeados.
Segundo a sentenza o empresrio “debeu proporcionar aos
traballadores as medidas necesarias para que puideran desenvolver o
traballo nas axeitadas condicións de seguridade para a súa
integridade física”; queda probado que o empresario non
proporcionou cascos aos traballadores e só entregou un arnés a un
deles. Ademáis “ a empresa carecía de organización da
actividade preventiva e non tiña proporcionado aos traballadores
ningún tipo de formación”.
En relación ao Plan de seguridade e saúde, na sentenza se indica
que “non se deberían ter iniciados os traballos de rehabilitación,
pois o plan de seguridade e saúde en obra tiña un contido xenérico,
que non se adaptaba ás características particulares da obra e que
non fora aprobado aínda pola dirección facultativa”. Esta tiña
advertido ao empresario de que “non podían iniciarse as obras ata
que o plan estivese aprobado e subsanados defectos que
contiña”.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario