Segundo o artigo 10 do Convenio colectivo do persoal laboral, o Concello de Betanzos debe ter elaborado o día 1 de abril o plan de vacacións anual correspondente ao ano 2015 e aínda que tal e como se indica "o calendario anual de vacacións poderá ser modificado con carácter individualizado, trala solicitude dos interesados, sempre que non exista oposición, fundamentada en razóns obxectivas do servicio, e non se afecte a intereses de terceiros", é recomendable solicitar as vacacións en tempo e forma.
A
pesar de que neste Concello nunca foi de coñecemento público o
calendario de vacacións e o persoal tendeu a facer traballo que
debería facer o propio Concello acordando as quendas de traballo nas
vacacións estivais o certo é que deste artigo do Convenio, a falta
do que indique a Comisión paritaria de interpretación do texto que o
Concello se nega a reunir, enténdese que temos ata finais de marzo
para solicitar as vacacións.
Para
solicitalas lembra que hai un modelo de documento habilitado para o
efecto e que na actualidade existe un rexistro no Departamento de
Persoal, polo cal podes entregar a túa solicitude directamente alí,
ademais neste caso recorda que o procedemento administrativo indica
que o silencio administrativo con respecto á túa solicitude é dun
mes e interprétase como positivo, é dicir, que se non che responden
tes dereito a coller as vacacións do xeito solicitado. Tes o modelo
de solicitude das vacacións aquí:
Ningún comentario:
Publicar un comentario