Sentenza
Segundo
sentencia do 30/10/2014 da Sala do Social da Audiencia Nacional, en
relación á demanda presentada contra a Sociedade Estatal de Correos
e Telégrafos S.A. e contra a Mutua de Accidentes de Traballo e
Enfermidades Profesionais da Seguridade Social Fraternidade Muprespa,
por realizar prácticas que, cando se produce un accidente de
traballo ou unha enfermidade profesional, inclúen a ocultación ou
denegación do informe de investigación preceptivo aos delegados de
prevención e aos representantes sindicais, estes sí teñen dereito
a recibir unha copia dos informes de accidente realizados pola
empresa.
Tal
és así, que o artigo
36.2.b da Lei de Prevención de Riscos Laborais atribúe
aos delegados de prevención o dereito de acceso, coas limitacións
previstas no apartado 4 do artigo 22 desta Lei, á información e
documentación relativa ás condicións de traballo que sexan
necesarias para o exercicio das súas funcións e, en particular, á
prevista nos artigos 18 e 23 desta Lei, engadindo que, cando a
información estea suxeita ás limitacións salientadas, só poderá
ser subministrada de maneira que se garanta o respecto da
confidencialidade.
O
artigo 23 da Lei supón que o dereito de información dos delegados
de prevención ten a mesma extensión que a potestade informativa da
propia autoridade laboral neste ámbito, posto que o devandito artigo
define a documentación que o empresario debe elaborar e conservar a
disposición da autoridade laboral. A denegación do devandito acceso
aos delegados de prevención equivale a unha denegación de acceso á
propia autoridade laboral
O
devandito artigo contempla o dereito de información da autoridade
laboral e polo tanto dos delegados de prevención, respecto á
"avaliación dos riscos para a seguridade e a saúde no
traballo, incluído o resultado dos controis periódicos das
condicións de traballo e da actividade laboral dos traballadores, de
acordo co disposto no parágrafo a) do apartado 2 do artigo 16 desta
lei".
Así
a sentenza dá a razón ás organizacións sindicais, en tanto en
canto o acceso aos resultados da investigación de accidentes forma
parte do dereito de información sobre a avaliación de riscos, tendo
tanto a autoridade laboral coma os delegados de prevención pleno
dereito de acceso a estas investigacións e informes.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario