GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL – CIG
O
Boletín CIG Saúde Laboral Nº 13 destaca na súa portada o novo
servizo que o Gabinete Técnico Confederal da CIG ven de introducir
na súa web: o asesoramento técnico on line. Esta ferramenta nace co
fin de facilitar o acceso ao servizo de asesoramento en materia de
prevención de riscos e saúde laboral, servizo que o Gabinete está
a prestar dende hai anos basicamente a través dos puntos de
asistencia territorial. As consultas recibidas a través do
formulario que o usuario/a cumprimenta e nos remite, sempre serán
atendidas polas técnicas e técnicos en prl do Gabinete, garantindo
sempre a confidencialidade dos datos facilitados e que estos
únicamente se empregarán coa finalidade de respostar á consulta
recibida.
O
Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 13, pode descargarse premendo na
seguinte ligazón
ou
acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o
Boletín. O Boletín únicamente se publica en formato dixital.
O
sumario deste número conta co artigo de Análise-Opinión"A
ineptitude sobrevida derivada do deterioro da saúde do/a
traballador/a, como consecuencia das neglixencias da empresa en
materia de seguridade e saúde laboral";
baixo o epígrafe Sabías que...? atopamos información sobre "A
vixilancia da saúde: concepto, obrigas, principios."
En
Opinión desenvolvense "Algunhas
consideracións sobre os novos estatutos do ISSGA" e
finalmente en Información atoparemos o artigo "O
Ministerio de Sanidade detrae poder e capacidade de decisión ás
CCAA sobre os servizos de medicina do traballo dos SSPPAA".
Gabinete
Técnico Confederal de Saúde Laboral
CIG
Ningún comentario:
Publicar un comentario