Advirte da
necesidade de xustificar as recomendacións das autoridades
sanitarias e de respectar a representación sindical
A Inspección de
Traballo vén de confirmar que a incorporación do persoal aos
centros educativos o pasado 11 de maio non cumpriu coas obrigas
legais. A autoridade laboral asumiu a proposta de requirimento
achegada pola CIG-Ensino e advirte da necesidade de xustificar as
recomendacións das autoridades sanitarias e de respectar a
representación legal dos traballadores/as.
O pasado 11 de maio
a Consellaría obrigou a integrantes dos equipos directivos e a
persoal non docente a incorporarse aos centros educativos para
tarefas de hixiene e de trámites administrativos, coa reapertura do
proceso de admisión nos centros para o curso 2020/21.
A CIG-Ensino
amosouse contraria
á esa reincorporación ao non se garantir “claras
garantías sanitarias” e denunciou
á Consellaría de Educación perante a Inspección de
Traballo porque a reincorporación naquela altura non foi
negociada, como era preceptivo, coa representación sindical, porque
as “recomendacións” publicadas non tiñan carácter normativo
nin soporte legal ningún e porque, desde o punto de vista do
sindicato, dificultaban a xestión das posíbeis dispensas do
persoal, ao forzar a burocracia e obrigar a se incorporar ao posto de
traballo.
Agora, 11 días
despois, a Inspección confirma a denuncia da CIG-Ensino, informando
de que xa o propio día 12 de maio remitiulle unha dilixencia á
Consellaría para que nun prazo de 48 horas acreditase se estaba a
cumprir coas obrigas legais. A Consellaría deu resposta á
Inspección con data do 15 de , cun “pequeno informe e un documento
xenérico relativo ás recomendacións sanitarias”.
A Inspección de
Traballo afirma agora que “non resulta acreditado o cumprimento das
obrigas nesta materia [seguridade e saúde laboral] polo que se
procede á práctica de proposta de requirimento para o cumprimento
dos dereitos de información da RLT [representación legal dos
traballadores/as] e de advertencia de xustificar a adopción das
recomendacións emanadas das autoridades sanitarias.
Actitude
vixilante
Por tanto, foi esta
actuación de denuncia da CIG a que moveu á Consellaría a mudar a
súa actuación e negociar a reincorporación do profesorado a partir
do 25 de maio. Con independencia do desacordo e a crítica
contundente que nos merecen as instrucións e o protocolo e do que xa
dimos cumprida
resposta na Mesa Sectorial do pasado día 20 e no Comité
Intercentros de Seguridade e Saúde Laboral (CISSL) que se celebra
hoxe venres, desde o sindicato chamamos a atención sobre un
comportamento claramente improcedente da administración educativa e
de desprezo ao persoal docente e non docente dos centros educativo.
O sindicato estará
vixilante diante de calquera actuación irresponsábel nas próximas
datas. Ten que estar perfectamente claro que se deben respectar en
todo momento as garantías sanitarias e, se isto non é así,
denuncialo para poñer freo a unha reincorporación que, nestes
momentos, non ten sentido.
As melloras
conseguidas para a incorporación do alumnado de profesorado a partir
de 25 de maio son insuficientes e apelamos a que opere o sentido
común na Consellaría e non aplique as instrucións no sentido que
ten indicado, recollendo as propostas que a CIG-Ensino e outras
organizacións presentaron, tanto na Mesa Sectorial como no CISSL.
Ningún comentario:
Publicar un comentario