16/06/20

Axudas económicas ás familias de persoas usuarias de centros de atención diúrna de persoas maiores e con discapacidade durante a situación de suspensión deste servizo como consecuencia do COVID-19, a través do Bono coidado extraordinario á dependencia

Gastos subvencionábeis:

·        Modalidade de contratación dun servizo de axuda no fogar, de gastos derivados da contratación ou ampliación de xornada de persoas coidadoras, e de compensación pola diminución de ingresos por acollerse a unha excedencia ou redución de xornada.

·        Modalidade de contratación de servizos de estimulación física e/ou cognitiva.

Tipo e importe das axudas:

·        As axudas económicas para a contratación dun servizo de axuda no fogar ou de contratación ou ampliación de xornada de persoas coidadoras, así como por acollerse a unha excedencia ou redución de xornada, consistirán nunha compensación polo custo derivado de dita contratación ou ampliación de xornada, durante o tempo de suspensión da actividade do centro de día ou ocupacional ao que viña acudindo a persoa usuaria como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19. A axuda terá un importe máximo de 500,00 euros mensuais para sufragar este custo.

·        A contratación dun servizo de axuda no fogar, deberá realizarse cunha entidade inscrita no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) que teña autorizado un programa de axuda no fogar.

·        As axudas económicas para a contratación de servizos de estimulación física e/ou cognitiva, consistirán nunha compensación polo custo derivado da dita contratación, durante o tempo de suspensión da actividade do centro de día ou ocupacional ao que acudía a persoa usuaria como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19. Entre estes servizos están os de rehabilitación funcional, fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional, estimulación cognitiva, estimulación sensorial, atención psicomotriz, atención psicolóxica, atención neuropsicolóxica, atención psiquiátrica, rehabilitación psicosocial ou atención pedagóxica. A axuda terá un importe máximo de 100,00 euros mensuais para sufragar o custo dos servizos a prestar.

Ligazón para o trámite da axuda:


Ningún comentario:

Publicar un comentario