16/06/20

RPT 2020 do Concello de Betanzos

Logo da solicitude da CIG, onde advertía que a RPT non estaba publicada desde a apertura do prazo de exposición pública e solicitaba información sobre esta cuestión, o Concello de Betanzos publicou no taboleiro de anuncios o documento. Así mesmo, e tendo en conta que o concelleiro de Persoal, Diego Fernández, comunicara en diversas ocasións que non recibía as solicitudes que a CIG rexistraba na Sede, agora, a maiores de rexistrar os escritos, tal e como procede, enviámoslle o xustificante ao concelleiro, toda vez que ten indicado que non lle chegan os rexistros electrónicos. O día seguinte da solicitude respondeu e indicou que estaba publicada en tres sitios diferentes, mais obviando que o estaba pero desde que se fixo a solicitude e con xustificante de publicación do 6 de xuño, e non efectivamente desde o inicio do prazo.

Podedes consultar o documento publicado aquí:

Ningún comentario:

Publicar un comentario