16/06/20

Axudas á conciliación da vida familiar e laboral, por redución da xornada de traballo, como medida de fomento da conciliación e corresponsabilidade

A axuda económica está contemplada para paliar os custes da redución daquelas persoas que no período comprendido entre o 1 de xullo de 2019 e o 30 de xuño de 2020, ambos os dous inclusive, se acollesen á medida de redución de xornada para o coidado dun fillo ou filla menor de 3 anos, ou menor de 12 anos no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33 %.

Persoas beneficiarias:

a) No caso de unidades familiares non monoparentais, poderán ser beneficiarios os homes que se acollan á redución de xornada segundo o establecido no artigo 6 desta resolución e sexan traballadores por conta allea, tanto da empresa privada como das administracións públicas, organismos autónomos, entes públicos de dereito privado e empresas públicas dependentes delas, con independencia de que o seu vínculo sexa laboral, funcionarial ou estatutario.

b) No caso de unidades familiares monoparentais, poderá ser beneficiaria a persoa, home ou muller, que se acolla á redución de xornada segundo o establecido no artigo 6 desta resolución e sexa traballadora por conta allea, tanto da empresa privada como das administracións públicas, organismos autónomos, entes públicos de dereito privado e empresas públicas dependentes delas, con independencia de que o seu vínculo sexa laboral, funcionarial ou estatutario.

Accións subvencionábeis

·        A redución da xornada de traballo para o coidado dunha filla ou dun fillo menor de tres anos, ou menor de 12 anos no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33 %. A redución de xornada terá que ser de polo menos o 12,5 % da xornada ou porcentaxe equivalente para o caso de que a xornada sexa a tempo parcial.

·        Así mesmo, poderán acollerse a esta axuda as persoas traballadoras que, cumprindo os requisitos establecidos neste artigo, adopten unha persoa menor ou a teñan en situación de acollemento familiar, nas modalidades de acollemento familiar permanente ou acollemento familiar preadoptivo. Nestes supostos, para ter dereito á axuda non poderán ter transcorrido tres anos desde a data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola cal se constitúe a adopción. En calquera caso, a filla ou fillo por quen se solicita a axuda terá que ser menor de 12 anos.

·        O período máximo subvencionable, continuado ou fraccionado, será de oito meses (8) comprendidos entre o 1 de xullo de 2019 e o 30 de xuño de 2020, ambos os dous inclusive. Para ter dereito á axuda deberá manterse a situación de redución de xornada durante un mínimo de 60 días naturais ininterrompidos. Excepcionalmente, debido a causas xustificadas debidamente acreditadas derivadas da situación de crise sanitaria polo COVID-19 e da declaración do estado de alarma, no cómputo do período mínimo de 60 días naturais ininterrompidos non se terá en conta o tempo de suspensión do contrato de traballo como consecuencia dun expediente de regulación de emprego que teña a súa causa na declaración do estado de alarma.

·        Para determinar o período subvencionable, terase en conta o seguinte:

o   Serán acumulables todos os períodos traballados con redución de xornada nos que se cumpran os requisitos entre o 1 de xullo de 2019 e o 30 de xuño de 2020, ambos os dous inclusive, co límite máximo de oito (8) meses, sempre e cando un dos períodos en redución de xornada sexa dun mínimo de 60 días naturais ininterrompidos, aínda que o resto dos períodos acumulables sexan inferiores a 60 días. No caso de familias non monoparentais, para o cómputo do período total subvencionable, a suma dos períodos non traballados non supere o 5% do período subvencionado (excepcionalmente non se terá en conta o tempo de suspensión do contrato como consecuencia dun ERE que teña a súa causa na declaración do estado de alarma).

o   O período para o cal se solicita a subvención non pode coincidir co permiso por maternidade, nin con calquera outro permiso, licenza ou excedencia para a mesma finalidade da persoa solicitante ou da súa persoa cónxuxe ou parella. De se producir este suposto, o período coincidente non se terá en conta no cómputo do período subvencionable. Excepcionalmente, no caso de que a parella desfrute o permiso de maternidade a media xornada, para o cálculo do período subvencionable, so se considerará como período coincidente a metade do período do permiso por maternidade. Non obstante, si se computará o período coincidente cando se trate do permiso de maternidade da persoa cónxuxe ou parella que estea orixinado polo nacemento ou acollida doutro fillo/a no transcurso do período subvencionable.

Ligazón para o trámite da axuda:


Ningún comentario:

Publicar un comentario