Amosando publicacións coa etiqueta días de asuntos propios b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta días de asuntos propios b>. Amosar todas as publicacións
03/12/15
Abrindo camiños n.º 47 DECEMBRO 2015 ESPECIAL MESA XERAL DE NEGOCIACIÓN
Etiquetas:
Abrindo camiños,
días de asuntos propios,
Mesa Xeral,
negociación,
paga extra,
RPT,
vacacións,
Voceiro Impreso
20/09/15
Real Decreto-lei 10/2015
Etiquetas:
dereitos,
días de asuntos propios,
lexislación,
paga extra
08/10/14
24/09/14
Sobre o día recuperado de asuntos propios
Hai
uns días publicabamos
o texto do BOE no que se recolle a devolución dun día de
asuntos propios e con respecto ás dúbidas de varios compañeiros e
compañeiras queremos aclarar que este día xa se pode desfrutar na
actualidade dentro dos correspondentes ao ano 2014. Para o ano 2015
haberá, pois, cinco días de asuntos propios e no caso de se aprobar
o novo convenio ou que a Alcaldía emita unha resolución, a
compensación de dous dos festivos nacionais que cadren en día non
laborable.
Con
respecto a este tema e como xorden moitas dúbidas por parte do persoal, o Comité de
Empresa vén de solicitarlle ao Concello que actualice a
información dos taboleiros nos distintos edificios con respecto ao
número de días de asuntos particulares para o ano 2014 de que os
traballadores desta Administración dispoñen dende o pasado 18 de
setembro e que actualice o modelo de solicitude de permisos coa
información correspondente aos permisos de que pode desfrutar na
actualidade o persoal municipal, posto que a información da
solicitude vixente pode levar a equivocacións.
Etiquetas:
Comité de Empresa,
convenio,
dereitos,
días de asuntos propios,
EBEP,
persoal laboral
19/09/14
Devolución doutro dos días de asuntos propios roubados
No BOE do pasado mércores sae publicada a Lei 15/2014, de 16 de setembro, de racionalización do Sector Público e outras medidas de reforma administrativa, na que no seu Capítulo IV se modifica a letra k) do artigo 48 do Estatuto Básico do Empregado Público (Lei 7/2007, de 12 de abril) e se conceden cinco días de asuntos particulares no canto dos catro que tiñamos ata o de agora (a parte dos que se concederon pola compensación de dous festivos nacionais).
Aproxímanse as eleccións e as malas novas do axuste público solicitado por Europa, polo que é mellor ter algo contenta a "tropa" antes de comunicar o groso das medidas de reaxuste que se van ter que levar a cabo por imposición europea. Que ben, xa temos un día máis de asuntos particulares daqueles que nos hurtaron fai uns anos. Nos vindeiros días instaremos ao Concello a que actualice a información relativa aos días de asuntos propios correspondentes ao ano 2015 nos taboleiros de información dos empregados municipais de cara a que non se creen confusións con respecto aos correspondentes para este ano 2015.
Lembrade que os días de asuntos propios poden desfrutarse ata o 15 de xaneiro de 2015.
Etiquetas:
dereitos,
días de asuntos propios,
lexislación,
recorte dereitos,
recortes
14/05/14
Nota informativa: días adicionais de asuntos propios para o ano 2014
O Concello vén de informar que finalmente resolveu conceder dous días máis de asuntos propios, en compensación de dous festivos, para o ano 2014, ao abeiro das resolucións da Secretaría do Estado de Administracións públicas e mais da Dirección Xeral da Función pública, tal e como solicitara por rexistro a CIG no pasado mes de marzo.
05/05/14
Días de asuntos propios correspondentes ao ano 2014
Son
moitos os compañeiros e compañeiras que nos preguntan sobre os días
de libre disposición que nos corresponden para este ano 2014. Estas
dúbidas, como é normal, veñn motivadas porque nos últimos anos a
lexislación foi mudando para nos quitar dereitos e, a maiores,
porque a solicitude que o Concello nos facilita está máis que
obsoleta e contén grandes diferenzas con respecto aos permisos a que
temos dereitos na actualidade. En varias ocasións tanto por escrito
como verbalmente lle trasladamos este problema ao concelleiro de
Persoal para que simplemente o Concello actualizase o modelo de
solicitude que hai un tempo repartiu polos departamentos, mais polo
visto este traballo é demasiado complicado e apuntouno entendemos
que coa idea de facer algo, aínda que estamos empezando a pensar que
cando o concelleiro de Persoal apunta algo débeo facer nunha berza e
darlla de comer ao coello porque nunca máis sabemos nada máis do
tema.
Ben,
na actualidade, segundo o EBEP, aplicado ao persoal laboral do
Concello de Betanzos na súa totalidade (segundo pensamos, porque ata
hai pouco era "para ti si e para ti non") correspóndennos
4 días de asuntos propios para o ano 2014. A maiores, quen non
desfrutou o día que recuperamos a finais de decembro de 2013, tería
5, un deles, este último, tería como prazo máximo de desfrute ata
o 30 de decembro (que na resolución pon 31 mais non o entendemos
porque segundo convenio é non laborable) e os outros catro poderían
desfrutarse, coma sempre, ata o vindeiro 15 de xaneiro.
Ademais
destes días, a CIG solicitou que o Concello compense dous festivos
nacionais con dous días máis de asuntos propios tal e como a
Dirección Xeral da Función pública resolveu para os traballadores
ao servizo da Xunta de Galiza a comezos do pasado mes de marzo e o
concelleiro de Persoal indicou que en principio non habería problema
en acceder ao solicitado, non obstante, mentres o Concello non
publique unha resolución ao respecto non temos este dereito. Por
parte da CIG xa lle insistimos ao goberno municipal da importancia de
non demorar a concesión deste dereito para que o persoal e os
departamentos se puidesen planificar do mellor xeito posible.
Tamén
no pasado mes de marzo publicouse en diversos medios que o ministro
de Facenda devolvería este ano 2014 outro máis dos días que nos
roubaron no ano 2012, mais isto parece ser que virá da man dunha
modificación normativa que a día de hoxe aínda non se fixo e non
está en vigor, non sería raro que, como o ano pasado, se fixese ás
presas, correndo e no último momento.
29/04/14
14/01/14
Última información
O Concello está a publicar nos taboleiros de información unha resolución mediante a cal amplía o prazo de desfrute do día de asuntos propios recuperado ata o vindeiro 31 de decembro, que en realidade sería o 30 posto que o 31 por convenio é non laborable. Esta resolución está datada o día 7 de xaneiro aínda que non se repartiu ata hoxe, día 14, e nun horario no que compañeiros como os de servizo de limpeza de rúas xa non están traballando, o que consideramos grave tendo en conta que mañá finalizaba o prazo para o desfrutar.
A maiores, moitos compañeiros e compañeiras xa solicitaran o día antes do 15 de xaneiro porque non dispoñían da información de que o prazo se ampliaría, mais á vista da resolución volve haber persoal de primeira e de segunda neste Concello tamén para desfrutar os dereitos. Se o alcalde tiña previsto isto debeuse informar a todos os departamentos en tempo e forma e non agardar ao último día, posto que non custaba nada, só había que publicar un papel nos taboleiros, mais nin iso son quen de facer.
A CIG, que solicitou a ampliación do prazo o pasado 30 de decembro e que non tivo resposta, interporá unha queixa no Concello pola publicación dunha resolución de ampliación de prazo o mesmo día que expira este, o que supón que moitos traballadores exerceron un dereito en desigualdade de condicións con respecto a outros que tiñan coñecemento da ampliación do prazo.
A maiores, e xunto coa circular, o Concello está a distribuír información relativa ao calendario laboral do ano 2014 e mais unhas indicacións sobre que facer en caso de accidente da mutua, logo de que o Comité de Empresa presentase unha queixa en decembro do ano pasado porque este tipo de información só estaba publicada no taboleiro de información das oficinas xerais e consideraba isto unha discriminación no acceso á información do persoal laboral que non prestaba os servizos neste edificio.
Etiquetas:
2014,
dereitos,
días de asuntos propios,
EBEP
15/12/11
Un paso máis: o Concello está a admitir os seus propios erros
Logo de que o Concello admitise a través dunha Resolución da Alcaldía que o persoal que non forma parte da RPT non pode ser discriminado na convocatoria das axudas sociais do ano 2011, O Comité de Empresa, por iniciativa da CIG, rexistrou un escritou onde ao abeiro da argumentación xurídica do propio Concello na Resolución da Alcaldía solicita o seguinte:
1. Que se lle recoñeza a todo persoal non permanente o dereito a cobrar as axudas sociais do ano 2010, xa que ao se recoñecer o dereito de acceso ás do ano 2011 en base á lexislación vixente, supón unha discriminación esta distinción do dereito en función do ano da solicitude.
2.Que se lle recoñeza a todo o persoal non permanente o dereito a desfrutar dos días de asuntos propios recollidos no artigo 11.6 do Convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Betanzos.
3. Que se lle recoñeza a todo o persoal non permanente o dereito a cobrar os trienios correspondentes, recollidos no anexo I do Convenio colectivo do persoal laboral deste Concello, en función da antigüidade no Concello.
4. Ao abeiro da lexislación mencionada na resolución da Alcaldia só cabe interpretar o artigo 1 do conveno colectivo vixente no sentido de que o ámbito de aplicación do devandito convenio á totalidade do persoal laboral.
Esta solicitude fíxose ao abeiro desta resolución da Alcaldía con rexistro de saída do día 1 de decembro onde se recoñece o principio de non discriminación en función da relación contractual e tendo en conta que en diversos comunicados de resolucións da Alcaldía se discriminou a algúns traballadores do persoal laboral non permanente na proposta de concesión de axudas sociais do ano 2010, na concesión dos días de asuntos propios recollidos no convenio para o persoal laboral, e, igualmente, non se lle recoñece o dereito a cobrar os trienios recollidos no anexo I do Convenio do persoal laboral do Concello de Betanzos.
Na Resolución da Alcaldía utilizouse a argumentación xurídica que dende a CIG levamos meses en escritos e verbalmente nas reunións empregando e indicouse o seguinte:
“Fundamentos de dereito. Primeiro. O arto 15.6 do R.D. Lex. 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, establece:
Os traballadores con contratos temporais e de duración determinada terán os mesmos dereitos que os traballadores con contratos de duración indefinida, sen prexuízo das particularidades específicas de cada unha das modalidades contractuais en materia de extinción do contrato e daquelas expresamente previstas na Lei en relación cos contratos formativos e co contrato de inserción. Cando corresponda en atención á súa natureza, tales dereitos serán recoñecidos en disposicións legais e regulamentarias nos convenios colectivos de maneira proporcional, en función do tempo traballado.
Cando un determinado dereito ou condición de traballo estea atribuído nas disposicións legais ou regulamentarias e nos convenios colectivos en función dunha previa antigüidade do traballador, esta deberá computarse segundo os mesmos criterios para todos os traballadores, calquera que sexa a súa modalidade de contratación.
Pola súa banda, a Directiva 1999/7/CE do Consello, de 28.06.1999, relativa ao Acordo Marco da CES, a UNICE e o CEEP sobre traballo de duración determinada (DOCE n.º L 175 do 10.07.1999-0048), establece:
Principio de non discriminación (clásula 4) 1. Polo que respecta ás condicións de traballo, non poderá tratarse aos traballadores cun contrato de duración determinada dunha maneira menos favorable que aos traballadores fixos cmparables polo mero feito de ter un contrato de duración determinada, a menos que se xustifique un trato diferente por razóns obxectivas. 4. Os criterios de antigüidade relativos a determinadas condicións de traballo serán os mesmos para os traballadores con contrato de duración determinada que para os traballadores fixos, agás que os criterios de antigüidade diferentes veñan xustificados por razóns obxectivas.
O Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas, do 22 de decembro de 2010, resolvendo unha cuestión de prexudicialidade plantexada polos órganos xurisdicionais españois, conclúe que a devandita directiva é de aplicación ás condicións económicas entre traballadores fixos e indefinidos e ás relacións de traballo de duración determinada ou interinos.
Por conseguinte tense que concluír que non hai razón obxectiva, para excluír da percepción das axudas sociais convocadas, ao persoal con vínculo temporal con esta Administración local. Axudas que se teñen que percibir de xeito proporcional ao tempo traballado, computando como tal ata a data da finalización do contrato se esta é anterior ao 31 de decembro de 2011, e esta última data para o caso de contratacións con vencimento posterior á mesma.”
Animamos aos compañeiros e compañeiras que levan anos sendo discriminados implícita e explícitamente a que reclamen tamén individualmente estes dereitos que o Concello leva anos negándolles, que no caso do non pagamento dos trienios supón a perda duns cartos que segundo a lei lles pertencen e moito máis agora que o Concello recoñeceu que non se pode discriminar ao persoal en función da súa relación contractual.
Etiquetas:
axudas sociais,
días de asuntos propios,
discriminación,
resolucións,
trienios
04/12/11
Dous días máis de asuntos propios (para algúns)
Segundo unha resolución da Alcaldía do día 22 de novembro todos os empregados municipais teñen dereito a dous días de asuntos propios máis, o concelleiro de Persoal uns días despois indicoulle á representación do Comité que o Concello entende que estes dous días a maiores son só para o persoal que está na RPT.
Ou sexa, os compañeiros que xa están discriminados porque o Concello lles nega o dereito o días de asuntos propios, agora aínda o están máis porque o que a Alcaldía resolve a maiores do convenio entende que é para quen ten o dereito segundo eles. Basicamente neste Concello hai empregados que o son para que lles baixen o soldo ou para remendar un roto ou descosido, mais logo non o son para cobrar as axudas sociais (agora depende do ano da solicitude), os trienios ou ter dereito aos días que recolle o Estatuto Básico do Empregado Público.
É posible que agora que está en marcha unha demanda que fai mención a estas discriminacións o Concello recúe nas discriminacións e a pesar dos informes en contra do secretario municipal haberá quen os faga agora a favor e chegará o sindicato minoritario no Comité e que nunca fixo nada para levar os méritos.
Mais o que consideramos importante dende a CIG é que realmente logo da resolución da Alcaldía que recolle que non se pode discriminar ao persoal non permanente da convocatoria das axudas sociais deuse un paso moi importante porque desmontaron o criterio polo cal lle negaban os trienios e mais os días de asuntos propios ao persoal á marxe da RPT. Se teñen dereito a axudas sociais porqué non a cobrar a antigüidade? Ao final ao Concello non lle está quedando máis remedio que admitir os seus propios erros e eses son os primeiros froitos do traballo da CIG dentro do Comité de Empresa.
Lembrade que os días do ano 2011 pódense desfrutar ata o 15 de xaneiro de 2012, e que as solicitudes, como calquera trámite na Administración, cómpre facelas por escrito, logo de dez días dende o rexistro o silencio administrativo é positivo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)