26/09/17

Requirimentos da Inspección de Traballo con respectos ás denuncias presentadas

Este ano foron varias as denuncias realizadas ante a Inspección de Traballo provincial por parte dos delegados de prevención de riscos laborais e ante a pasividade do goberno municipal nos Comités de Seguridade e Saúde e os incumprimentos manifestos da Lei de prevención de riscos laborais. 
Nos pasados meses realizáronse dúas denuncias pola inexistencia dun Plan de Emerxencia, obrigatorio por lei, nas dependencias do Centro Cultural San Domingos e o edificio Liceo, con todas as depedencias municipais que isto supón. 
Na reunión que tivo lugar na Inspección de Traballo o pasado 7 de setembro o Concello entregoulle aos delegados de prevención o Plan de Emerxencia do Centro Cultural San Domingos, realizado logo do requirimento efectuado pola Inspección de Traballo con posterioridade á denuncia correspondente. Así mesmo, admitiu a inexistencia dun Plan de Emerxencia no edificio Liceo, tanto nas Oficinas Xerais como nas dependencias nas que hai programación cultural.
O inspector, tanto na propia reunión, como requirimento posterior insistiu en que o requirimento do Plan da biblioteca foi cumprido parcialmente porque aínda non está implementado, nun están nomeados os equipos de intervención e a realización do simulacro correspondente, así mesmo instou ao Concello a reunir o Comité de Seguridade e Saúde e mesmo explicitou os puntos que se deberían tratar na reunión ordinaria deste, ademais de facer explicitamente o seguinte requirimento que indica que é de cumprimento inmediato e que deberá acreditar antes de decembro de 2017:
1. Elaborar un plan de emerxencia e evacuación das instalacións existentes no edificio Liceo.
2. Implementar o referido plan, con especial atención ao nomeamento de equipos de intervención e a realización do simulacro de evacuación.
3. Convocar o Comité de Seguridade e saúde tratando, ademais dos aspectos que as partes estimen oportunos, a implantación do Plan de emerxencia e evacuación da biblioteca pública Alfonso Rodríguez Castelao, a necesidade de elaborar o plan de emerxencia e evacuación das instalacións do edificio Liceo e a existencia doutros centros sen este, establecendo prioridades de actuación.
Deixámosvos os requirimentos da Inspección de Traballo aquí:


Ningún comentario:

Publicar un comentario