A central nacionalista non tiña representación entre o persoal laboral
Nas eleccións sindicais do persoal laboral celebradas no Concello de Sada o pasado xoves, a CIG conseguiu dous delegados dos cinco que se elixían e obtivo o mesmo número de votos que a suma do resto das candidaturas que se presentaban. Con este resultado, a central nacionalista, que até agora non tiña representación, convértese na forza con maior apoio entre o persoal laboral.
Por colexios, no de Especialistas, no que se elixían catro representantes, a CIG conseguiu dous delegados/as, mentres que as candidaturas de CSIF e USO obtiveron un representante cada unha. No colexio de Técnicos/as escollíase un delegado/a que foi para a lista da CSIF.
A representación da CIG agradece a confianza depositada polos traballadores e traballadoras nas súas candidaturas, o que constitúe un aval ao labor sindical desenvolvido nos últimos catros anos; e indican que este resultado reforza o compromiso na defensa dos dereitos laborais e salariais do conxunto do persoal laboral do Concello de Sada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario