07/02/12

Artigo 35 do EBEP... e o Concello pensará... a lei, para que?

... E os sindicatos que apoiaron en que pensaban? Aí é onde se nota quen leva por diante a lei e quen a utiliza para beneficio propio.


Artigo 35. Constitución e composición das mesas de negociación


1. As mesas a que se refire o artigo anterior quedarán validamente constituídas cando, alén da representación da administración correspondente, e sen prexuízo do dereito de todas as organizacións sindicais lexitimadas a participaren nelas en proporción á súa representatividade, tales organizacións sindicais representen, como mínimo, a maioría absoluta dos membros dos órganos unitarios de representación no ámbito de que se trate.

2. As variacións na representatividade sindical, para os efectos de modificación na composición das mesas de negociación, serán acreditadas polas organizacións sindicais interesadas, mediante o correspondente certificado da oficina pública de rexistro competente, cada dous anos a partir da data inicial de constitución das ditas mesas.

3. A designación dos compoñentes das mesas corresponderá ás partes negociadoras, que poderán contar coa asistencia nas deliberacións de asesores, que intervirán con voz, pero sen voto.

4. Nas normas de desenvolvemento do presente Estatuto establecerase a composición numérica das mesas correspondentes aos seus ámbitos, sen que ningunha das partes poida superar o número de quince membros.

Artigo 36

A representación das organizacións sindicais lexitimadas para estaren presentes de acordo co disposto nos artigos 6 e 7 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, distribuirase en función dos resultados obtidos nas eleccións aos órganos de representación do persoal, delegados de persoal, xuntas de persoal e comités de empresa, no conxunto das administracións públicas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario