Nas últimas semanas, e con respecto ao tema das axudas sociais, do que xa temos falado en múltiples ocasións, o Concello teima en dicirlle a compañeiros e compañeiras que piden información sobre as axudas sociais que seica os sindicatos non se poñen de acordo con respecto ás axudas sociais, indicidindo, unha vez máis, na estratexia de botarlle a culpa aos representantes do persoal de conflitos o propio Concello e de discriminacións entre o persoal laboral e o persoal funcionario que promove o Concello. Con respecto a isto queremos deixar constancia do seguinte.
1. O Concello fala de sindicatos cando no caso do persoal laboral só hai un organismo legal que pode facer propostas con respecto a este tema, como indica o propio convenio e as bases das axudas sociais e ese é o Comité de Empresa. O Comité de Empresa rexistra continuamente escritos atendendo a todos os requerimentos que o propio Concello lle fai e moitos máis que non responde o Concello ocultándolle información que este organismo debería ter. O alcalde do Concello tamén decide nas cuestións que teén a ver coa localidade e ten competencias para facelo aínda que no pleno haxa distintos partidos, que chegue acordos ou non con eles para tomar as decisións é outra cousa, ao igual que o Comité pode chegar a acordos, como o ten feito en moitísimas ocasións, cos compañeiros da UGT mais en todo caso a representación do Comité, continuamente menosprezada por este Concello, correspóndelle á CIG gústelle ou non ao goberno municipal.
2. O Comité de Empresa non ten nin as solicitudes, nin os cartos, nin ningunha información con respecto ao pagamento das axudas sociais e na única ocasión que o Concello o convocou con este motivo a reunión da que aínda non ten a acta finalizou cando o concelleiro de Persoal indicou que o Concello xa faría o que lle petase con respecto ás axudas sociais. É, polo tanto, absolutamente imposible que os representantes do persoal teñan absolutamente ningunha responsabilidade neste tema só que como por primeira vez o Comité de Empresa denuncia as irregularidades existentes o Concello, o goberno municipal intenta menosprezalo e mesmo parece ser que transmite este tipo de trapalladas con respecto a este tema a través do Departamento de Persoal, como nos levan indicando distintos compañeiros nesta semanas.
3. O Concello discriminou ao persoal laboral no momento que lles pagou as axudas aos funcionarios e deixou só o cartos que restaron para os laborais, con respecto a este tema a CIG xa fixo unha reclamación que podedes consultar aquí. Ademais, en ningún caso, a representación da UGT se puxo en contacto coa representación do Comité con respecto a este tema, demostrando unha vez máis, a bos sintonía co Concello ao non reclamar que o persoal laboral está a ser discriminado continuamente e máis unha vez neste caso.
4. É indignante que o persoal laboral deste Concello estea continuamente discriminado en todo, que xa persoal laboral con máis anos de antingüidade que funcionarios e que sigan a ter contratos en fraude de lei, por obra ou servizo ou a saber como, porque o Concello nin sequera quere informar ao Comité de Empresa do tipo de contrato de todo o persoal laboral. É indignante que o persoal laboral cobre moito menos que o funcionariado e aínda por riba o Concello de Betanzos non teña a decencia de pagarlle as axudas sociais á vez que aos funcionarios e lles deixe o que sobra da partida e que probablemente non dea para pagar todas as axudas cando os funcionarios si que as cobraron.
Finalmente, e á vista da situación, podemos chegar a pensar que isto forma parte dunha estratexia para enfrontar ao persoal en función do tipo de contrato e só ter contento ao que ten sinatura con respecto aos temas que máis lle interesan ao goberno municipal, non entendemos pois, senón, a que se debería tal descaro na discriminación existente.
Finalmente, e á vista da situación, podemos chegar a pensar que isto forma parte dunha estratexia para enfrontar ao persoal en función do tipo de contrato e só ter contento ao que ten sinatura con respecto aos temas que máis lle interesan ao goberno municipal, non entendemos pois, senón, a que se debería tal descaro na discriminación existente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario