14/05/12

Solicitude de aclaración con respecto aos días de asuntos propios

Nos pasados días, o Concello, que parece non ter tempo para publicar a información sobre o reparto das axudas sociais 2011, comeza de novo coas resolucións de recorte de dereitos, desta volta tocoulle aos días adicionais de asuntos propios que ata o momento viña desfrutando o persoal laboral con máis de seis trienios traballados na Administración, xa que polo que parece, a omisión do dereito en función antigüidade é deliberado, xa que algún compañeiro xa comentou que dende o Departamento de Persoal están a dicir que agora o persoal laboral non ten dereito aos días adicionais ao cumprir o sexto trienio recollidos no artigo 48.2 do Estatuto Básico do Empregado Público.

Non é unha novidade que este Concello salte por riba da lexislación vixente, nin que intente vulnerar os dereitos do persoal laboral, o tema da antigüidade é algo que teima en non recoñecer cando mesmo hai mesmo moitos compañeiros que ocupan postos non permanentes aos que o Concello hai anos que non lles recoñece nin lles paga a antigüidade. 

Desta volta, e por parte da CIG, entendemos que este tema nin debería ser tema de Mesa Xeral de Negociación, posto que é unha mera aplicación da lexislación vixente, mais aínda trataremos de introducilo na convocatoria solicitada e no caso de que o Concello estime que non é oportuno tratalo, decidiremos os pasos a seguir ante a última das trapalladas dun Concello que de portas para dentro recorta dereitos ao persoal laboral e de portas para fóra amosa a súa discrepenacia con quen os recorta noutras administracións.

Aínda así, e a pesar das informacións que se están a dar dende o Concello, o Comité de Empresa solicitou o día 10 de maio unha aclaración con respecto aos días adicionais ao cumprir o sexto trienio e un día adicional máis por cada trienio cumprido a partir do oitavo por asuntos persoais sen xustificación do persoal laboral do Concello de Betanzos, posto que ata o momento viña desfrutándoos segundo indica no Estatuto Básico do Empregado Público e na Resolución sen número da alcaldía transcrita na comunicación a todo o persoal só se fai a aclaración con respecto ao persoal funcionario. Agárdase, pois, a resposta por escrito, aínda que da verbal xa temos coñecemento, e logo dende a CIG decidiremos os pasos a seguir con respecto a esta parece que manifesto recorte de dereitos do persoal laboral con máis antigüidade nesta Administración.

Ningún comentario:

Publicar un comentario