A
CIG vén de solicitar que en aplicación da Resolución da
Secretaría de Estado para as Administracións Públicas do 24 de
xaneiro de 2013, se
compensen no Concello de Betanzos os festivos que coincidan en
sábado, e que para o ano 2013 deberíase compensar o 12 de outubro.
A
Secretaría de Estado para as Administracións Públicas ditou o 24
de xaneiro de 2013 unha Resolución
pola
que no ano en curso se amplía nun o número de días de permiso para
os empregados públicos no ámbito da Administración Xeral do Estado
(AXE), en razón da coincidencia en sábado da festividade do 12 de
outubro de 2013,
ampliando o número total de días de permiso por asuntos persoais
para o ano 2013. Dado que da citada Resolución da Secretaría de
Estado para as Administracións Públicas se desprende que non existe
con carácter imperativo na lexislación básica do Estado unha
limitación a tres como máximo no número de días de permiso, desde
a CIG demandamos a adopción no ámbito do Concello de Betanzos a
mesma medida compensatoria xa implantada no ámbito da Administración
do Estado.
Na
Resolución, en concreto, indícase o seguinte con respecto ao
sinalado:
“O
persoal ao servizo do Estado terá dereito a desfrutar dun
día de permiso adicional
durante o ano 2013, con
motivo de
coincidir
en sábado o 12 de outubro,
festa nacional de carácter retribuído, non recuperable e non
substituíble polas Comunidades Autónomas.
Este
permiso, atendendo ás necesidades do servizo, poderá desfrutarse
individualmente ou acumularse tanto aos días de vacacións que se
desfruten de forma independente como aos días por asuntos
particulares.”
Ningún comentario:
Publicar un comentario