O 70% de pensionistas en Galiza cobra menos de 1.000 € e son estas pensións as que están salvando ás familias. Con esta reforma se empobrece ás galegas e galegos porque temos os salarios máis baixos, máis precariedade no traballo e menos anos cotizados.
A CIG pon en cuestión o informe do
comité de “expertos” no que se basea a reforma, porque das 12
persoas escollidas polo PP para formar parte do mesmo, 9 representan
a bancos e aseguradoras, interesadas en promover as pensións
privadas para o seu único beneficio.
Por iso cuestiona que a primeira
proposta deste comité sexa precisamente a modificación da lei que
actualizaba as pensións cada ano, como mínimo, ao nivel do IPC. A
central sindical entende que xa con esa lei se perdía poder
adquisitivo, porque os prezos dos produtos de maior gasto nas
economías familiares (luz, auga, alimentos...) subían moi por riba
deste índice. Agora o PP aplicará de suba nas pensións, cada ano,
un 0,25%, polo que en relación ao IPC dos últimos 5 anos unha
pensión de 1.000 €/mes perdería 95 € cada mes e 1.330 € no
ano.
A
esperanza de vida
A CIG tamén denuncia que para
finais de ano se prepara unha nova reforma das pensións que en 10
anos podería reducir a súa contía até nun 20%. Para isto
aplicarase un coeficiente sobre a esperanza de vida co que “manipulan
os datos para o seu propio interese, pois saben que as persoas con
menor renda –a clase traballadora con oficios máis duros- ten unha
esperanza de vida 10 anos menor que os máis ricos. Polo tanto, teñen
unha pensión máis baixa e viven menos anos”.
Comparando as pensións doutros
países europeos evidénciase que é mentira o que di o PP, que
asegura que se non se fai a reforma, no 2060 as pensións suporían o
16% do PIB. A CIG explica que agora as pensións representan só o
10% do PIB, mentres por exemplo en Italia representan o 16%; en
Francia o 14,6%; en Alemaña o 12,8% e na media da UE é do 13%. Ante
isto, a central sindical conclúe que o Estado podería dedicar
60.000 millóns máis ao ano para igualarse con estes países.
Favorecer
a ricos e defraudadores
Fronte á pretensión de recortar
as pensións polo seu custo, a CIG denuncia que non é un problema de
gasto, senón de ingresos. Lembra que aínda habendo no Estado
5.300.000 desempregados/as, a caixa das pensións tivo un resultado
positivo de 2.500 millóns no ano 2011 e que o ano pasado o goberno
modificou o imposto de sociedades para as grandes empresas que
deixaron de pagar a Facenda 5.800 millóns.
Estas mesmas empresas son as que
segundo a Inspección de Facenda son responsábeis do 90% da fraude
fiscal ao Estado, máis de 74.000 millóns de euros que desvían a
paraísos fiscais como Suíza, Mónaco, Andorra... “O goberno non
toma medidas contra elas, que alimentan a corrupción no Estado, pero
si as toma contra a clase traballadora empobrecéndonos con reformas
laborais, das pensións, das prestacións por desemprego, sanidade,
ensino...”
A CIG chama tamén a atención
sobre o feito de que mentres as pensións se financian con
cotizacións, o resto do gasto público, como o gasto militar de
15.000 millóns anuais, ou o financiamento da igrexa católica ou da
Casa Real páganse cos orzamentos do Estado.
Ademais, subliña que o goberno
aplica unha desgravación fiscal ás pensións privadas, perdendo o
estado máis de 3.000 millóns de euros ao ano, que podería ingresar
nas pensións públicas; que pagamos entre todas/os os máis de
40.000 millóns do rescate para sanear os negocios especulativos da
banca, cando so seus beneficios serán só para os seus accionistas;
que o estado español entrega cada ano 80.000 millóns de € ao
Banco central Europeo para que este llo dea aos bancos privados a un
interese do 0,5% e o estado teña logo que pagar intereses do 6% ou
7%. Con todo isto, asegura a CIG, chegaría para pagar o dobre das
pensións.
CONTÍA DAS PENSIÓNS EN GALIZA
€ /
MES
|
%
PENSIONISTAS
|
de 150 € a 350
€
|
6,4%
|
de 350,1 € a
600 €
|
38,4%
|
de 600,1 € a
650 €
|
2,8%
|
de 650,1 € a
1.000 €
|
21,5%
|
de 1.000,1 € a
1.500 €
|
16,1%
|
de 1.500,1 € a
2.000 €
|
8,8%
|
máis de 2.000 €
|
6,0%
|

Ningún comentario:
Publicar un comentario