Non
é a primeira vez que este medio de comunicación se presta a
facerlle o xogo aos que lle insuflan inxentes cantidades de
financiamento, publicando
medias verdades, revolvidas con falsidades completas,
co obxecto de despistar a atención pública das irregularidades
cometidas por aqueles que o patrocinan; como acontece no caso que nos
ocupa.
A
acción de mesturar as anomalías administrativas, detectadas polo
Consello de Contas na xestión de diversos cursos, coas imputacións
penais realizadas aos encausados na trama zeta, non pode ser
cualificada mais que de operación
de "enmerdamento" a todo o que se mova; dirixida
a distraer á cidadanía, tender cortiñas de fume e lavar a cara aos
protagonistas da citada causa, que curiosamente manteñen fondas
relacións co Partido Popular.
As
anomalías detectadas polo Consello de Contas de Galiza na súa
fiscalización de subvencións, poden ir dende: a ausencia na
porta dunha aula do cartaz do Fondo Social Europeo, deica a
discrepancia sobre a interpretación das normas da convocatoria.
Tais anomalías son puramente administrativas e, como en calqueroutra
actividade, tras a súa detección procédese a corrixilas ou a
impugnalas, no suposto de desconformidade. En todo caso, se o
Consello de Contas de Galiza advertise algún tipo de indicio de
responsabilidade tería que dar traslado do mesmo ás partes e ao
Tribunal de Contas, acción que non emprendeu.
Aos
efectos de clarificar
o que LA VOZ DE GALICIA pretende agachar e confundir,
publicamos 3 documentos que, de certo, serán do teu interese e que
revelan a intencionalidade revirada da noticia do xornal coruñés
que, en breve, ha ser analizada polo Padroado da forGA, co obxecto
de tomar
as medidas precisas en
defensa da honorabilidade da nosa fundación.
(O
pasado 24/10/14, a forGA compareceu perante o Xulgado de 1ª
Instancia e Instrución nº 6 da Coruña. no proceso aberto
contra as empresas de Gerardo Crespo Riestra e varios membros da
Consellaría de Traballo, por fraude na formación).
Nos
próximos días informaremos sobre as decisións que tome o Padroado
da fundación en defensa dos seus intereses.
Ningún comentario:
Publicar un comentario