PSICOSOCIAL
Nunha investigación na que participou a UNED sobre
unha mostra de emprendedores/as, resultou que os adictos/as ao
traballo, conseguiron peores resultados nos seus negocios que
aqueles/as que eran capaces de desconectar.
Segundo un dos autores da investigación, a adicción
ao traballo non mellora os resultados, produce conflito na relación
traballo e familia, empeora a saúde e o benestar e incrementa os
erros laborais.
Como mostra base para a enquisa considerouse a
emprendedores/as donos/as dos seus negocios cunha idade media de 42
anos e máis de 18 anos de experiencia laboral; dentro da mostra case
a metade tiñan un título universitario; o 84% tiña polo menos un
empregado e o 59,1 % eran homes.
Se diferenciaron dous tipos: os adictos ao traballo,
que son aqueles que adican demasiadas horas, nunca están satisfeitos
co resultado, non deixan de pensar no traballo, incluso no tempo
libre, e non son quen de extraer emocións positivas do mesmo, e os
involucrados, ou aqueles que non se obsesionan, conseguen desconectar
e extraer emocións positivas do emprego.
Os resultados do estudo indican que a adicción ao
traballo provoca emocións negativas, como sentimento de culpa por
sacrificar aspectos da vida polo traballo, ansiedade ou malestar, que
inciden de xeito negativo no rendemento do traballador e do negocio.
Sen embargo nos casos de implicación co traballo, prodúcense
emocións positivas que repercuten positivamente na conta de
resultados da empresa.
Segundo un dos autores a dependencia obsesiva do
traballo é tan negativa para o individuo como outras adiccións como
o xogo, as drogas ou internet.
O estudo foi publicado en Journal of Managerial
Psychology.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org.
Ningún comentario:
Publicar un comentario